Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Desde toda a Comunidade Educativa do IES PARGA PONDAL, queremos expresar o noso agradecemento a Rosalina Pérez, profesora de Física e Química durante 23 anos, pola súa inestimable  implicación docente.

Non puidemos darche a gran despedida que te mereces pero as circunstancias actuais non nolo permitiron así que esperamos, que o pequeno xesto que si puidemos ter contigo, demostre o gran agarimo de todo o persoal docente e non docente do centro que non puideron estar presentes.

Nalgún recuncho do centro quedará sempre a túa pegada. Todo o que vai vir a partir de agora, será un complemento máis á túa vida. Poderás dedicarte ao que che guste, sen présas. A partir de agora recibirás as recompensas por todo o tempo que dedicaches a dar o mellor de ti en cada función que desempeñaches.

Boa singradura, estimada compañeira. Esperamos verte visitando o noso centro. Simplemente, GRAZAS e moi boa sorte nesta nova etapa.