Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Estimadas familias,

o vindeiro 25 de maio está prevista a entrada na Fase 2 de desescalada, polo que se aproveitará esa semana para habilitar a recollida de material que o alumnado poida ter deixado na aula. A recollida dese material deberase facer con cita previa, podendo solicitar a mesma no correo do centro (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) ou, preferiblemente, por teléfono (881 880 371).

Un saúdo e grazas pola súa colaboración.

O Equipo Directivo.