Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Co gallo da folga á que todo o profesorado de Galicia está convocado o xoves 12 de decembro (CIG-Ensino, CCOO, Anpe, UXT, STEG e CSIF) co obxectivo de recuperar os horarios e mellorar as condicións de traballo, a dirección do centro informa á comunidade:

  • Terán a consideración de servizos mínimos [...] a dirección ou membro do equipo da dirección, segundo a ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.
  • Segundo a mesma orde, "o dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do director ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no BOE do 4 de maio, e polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

O Centro informa ás familias:

  • O centro abrirá as súas portas como unha xornada normal.