Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Estimadas familias.

Debido á realización de obras na estrada DP-1901 (entre Carballo e Sísamo), durante este curso veranse afectadas varias paradas de bus en diferentes fases. Polo tanto, ao longo do curso algúns alumnos terán que coller o bus en paradas ubicadas en zonas diferentes á de costume.

Nunha primeira fase (a partires do luns 30 de setembro) verase afectada a parada da Librería Villar, que se moverá á Rúa Fábrica (ao lado dos semáforos peatonais). Poden ver a ubicación da nova parada no seguinte plano: