Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A Lei Orgánica de Educación (LOE), na súa disposición final primeira, dá unha nova redacción ao artigo 8 da LODE, a cal queda así: "Se garantiza en los centros docentes el derecho de reunión de los profesores, personal de administración y de servicios, padres de alumnos y alumnos, cuyo ejercicio se facilitará de acuerdo a la legislación vigente y teniendo en cuenta el normal desarrollo de las actividades docentes. [...] las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la ESO, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido el resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro".

O procedemento para que o alumnado vaia a folga é:

  1. O alumnado pide a xefatura de estudos a convocatoria da xunta de delegados/as.
  2. Desde a xefatura se convoca á xunta de delegados/as.
  3. A xunta de delegados/as vota secundar a convocatoria de folga e avisa á dirección.
  4. A dirección debe ter desde este momento un mínimo de 4 días para organizar e avisar as nais/pais do alumnado do feito enviando a autorización individual.
  5. O alumando devolve a autorización firmada polas nais/pais antes do día de folga.
  6. Finalmente o alumnado vai a folga.

 

No caso do día 27 a xunta de delegados nin se reuniu nin comunicou a tempo o desexo de concurrir a folga.

Polo tanto:

  • O alumando de 3º da ESO en adiante ten o dereito inalienable de concurrir a unha folga convocada legalmente.
  • Ao non estar autorizada pola dirección do centro, en caso de ausencia na aula dun alumno/a poñerase a falta correspondente.
  • Posteriormente a folga as nais/pais do alumnado, por escrito ou vía electrónica, poderán xustificar a falta.