Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Este fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que convocan a todos os centros que teñen en marcha proxectos de Bibliotecas escolares. Nós participamos porque levamos moito tempo formando parte do Plambe, plan que pretende dotar e asistir as bibliotecas escolares nas súas funcións, necesidades e potencialidades. Ademais este curso participamos tamén no proxecto piloto de lectura dixital ELBE2 e estamos arrancando ca Radio na Biblioteca, que pretende utilizar a radio feita no centro como elemento de dinamización e mellora curricular. Estamos moi entusiasmados con estes  recursos e por iso as xornadas de Santiago resultáronnos moi interesantes. Uns 1000 mestres e mestras de toda Galicia achegaron as súas ideas e suxestións. Ademais, presentaranse un total de 26 experienciasde centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).

As charlas sobre poéticas diversas estiveron presentes da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro. As xornadas remataron cunha charla inesquecible da xornalista Rosa María Cafaf sobre a necesidade de contrastar a información dos medios nunha época pouco transparente e saturada infrmativamente.