Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Unha representación do alumnado do centro dos cursos 2º - 3º - 4º ESO e 1º Bacharelato (43 para ser máis exactos) desprazouse entre o 7 e o 11 de Xaneiro á estación de esquí  andorrana do Tarter para gozar xuntos do deporte invernal por excelencia: o esquí e o snow.
Saíndo o domingo día 7 ás 23:00 e despois dunha tranquila viaxe de ida no que todos puideron durmir sen problemas (ai, non, que algún non calaba nin ás 4 da mañá) chegouse á 1 do mediodía do luns 8 sen incidencias ao hotel (bo, case...).
Ao día seguinte e durante 4 días (ata o venres) o alumnado aprendeu o complicado que é iso que parece tan sinxelo cando se ve pola tele.
Polas tardes puideron gozar de tempo libre para percorrer as rúas de Andorra e visitar as súas tendas (e como non, as súas visitas ao McDonalds) así como unha entrada para Caldea (centro termal moi coñecido na cidade).
E cunha viaxe de volta que transcorreu sen incidentes e onde esta vez si se puido durmir (vese que viñan cansos) chegouse o sábado ás 10 da mañá a Carballo.

A pesar de que houbo algún pequeno contratempo (problemiñas cun pulgar, distensión nun xeonllo e moitos vómitos por culpa do frio, cansazo e non descansar adecuadamente tal e como recomendaron os seus profesores) o alumnado gozou da experiencia.

Agradecer, que moitas veces non se ten en conta, o labor do profesorado neste tipo de viaxes porque, por exemplo, unha das profesoras pasou a noite en vela por acompañar a unha alumna que non se atopaba ben e estivo case máis de 24 horas sen poder durmir.

E como mostra do vivido, este pequeno vídeo con algún deses momentos. Esperamos que gozasen e que se quedaran con ganas de repetir