Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 
Aula Mentor ofrece ensino virtual cun catálogo duns 160 cursos dirixidos a adultos maiores de 18 anos.
 
 As principais características dos cursos Mentor son: 
    • Están pensados para estudar a un ritmo flexible e sen horarios fixos.
    • Pódense realizar desde o propio domicilio.
    • O período de matrícula está permanentemente aberto (salvo o mes de agosto).
    • En xeral non se require ningunha titulación, aínda que nalgún caso si son necesarios coñecementos previos.
    • Coa avaliación positiva, obtense un certificado oficial emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia.
 

 

Podes consultar calquera dúbida por correo electrónico carballo@aulamentor.es.

Os horarios de atención directa do presente curso serán publicados a partir do 18 de setembro.

 

 

 

Máis información:
 
carballo@aulamentor.es