Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue defpuentes

Hoxe no IES Isidro Parga Pondal ás 17.30h e ás 19.00h, na aula multimedia.

CONTIDO DO KEYNOTE:

 

  1. ¿Qué es la Inteligencia artificial?
    1. Definición
    2. Tipos de Inteligencia artificial.
      1. En Hardware
      2. En Software
  2. La inteligencia artificial en nuestro día a día
  3. La inteligencia Artificial de Los Asistentes de voz
    1. Hablando de Google Assistant
    2. ¿Qué información personal utilizan?
  4. Los bot con Inteligencia Artificial.
  5. Crear un bot con Inteligencia Artificial es más sencillo de lo que parece.
    1. Hablando del factor de los desarrolladores.
    2. Cualquier usuario puede crear un bot
      1. introducción a API.AI
  6. Preguntas

O día 7 de maio de 2018 celebrouse o sorteo dunha Tarxeta-Agasallo valorada en 200 euros, coa presenza do director do centro e de parte do alumnado de 3º de ESO.

Como resultado deste sorteo, o número gañador do sorteo resultou ser o

1240

vendido por Lucía Torres González.

A persoa agrazada co boleto gañador deberá presentarse na dirección do IES Isidro Parga Pondal, en Carballo nun prazo de 15 días, rematando este prazo o 22 de maio de 2018.

En caso de non aparecer o boleto agrazado, o premio irá para a alumna que vendeu esta rifa e entregaráselle o día 23 de maio de 2018.

En atención á lexislación reguladora do proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (Decreto 254/2012 do 13 de decembro e Orde do 12 de marzo de 2013 modificada por Orde do 25 de xaneiro do 2017) comunicamos que:

Ao ser a demanda de prazas inferior á oferta existente, todos os solicitantes dos niveis educativos quedan admitidos e antes do 25 de abril procederase, sen máis trámites, a publicarse a listaxe pública provisional de todos eles.

Lembramos, en calquera caso, que os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula no centro educativo entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e Bacharelato).

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 (DOG Nº 16 do 23 de xaneiro de 2018)

Prazos de matrícula:

Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A)que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A solicitude de admisión pode presentarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

A solicitude de admisión será única e terá carácter vinculante. No caso de presentación de máis dunha solicitude para unha mesma persoa perderá os dereitos de prioridade que puidense corresponderlle.

O que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Con motivo da financiación dunha actividade extraescolar de bacharelato.

Sudaderas a 20€ nesos modelos, tallas desde a XS á XL.

Interesados enviar un correo a sudaderaslk@gmail.com co nome, teléfono de contacto, talla e o modelo.

No día de hoxe, firmamos un convenio co Concello de carballo que permitirá que o clube deportivo Xiria poida disfrutar das instalación do nos centro.

De esquerda a dereita: Beatriz Senín (xefa de estudos do IES Isidro Parga pondal), Evencio Ferreo (alcalde de Carballo), Francisco Puentes (director del IES isidro Parga pindal) e Marcos Xosé Trigo (concejalía de Cultura e Deporte).