Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue defpuentes

Achégase a listaxe dos libros para o curso 2019/2020.

Respecto o ano pasado, só hai un cambio en 1º da ESO: Matemáticas pasa de non ter libro a ter un coa recomendación de non compralo até falar co docente.

Fe de erratas: o idioma do libro de Latín de 4º ESO é CASTELÁ. O libro de texto marcado como "diversificación" da materia de Inglés en 4º da ESO non hai que compralo. O resto é correcto.

 

O martes 30 de Abril, o alumnado de música de 1 de bacharelato e de 4 da ESO representamos ao noso IES no "VIII Encontro de Asomúsica" en Santiago de Compostela.
As nosas actuacións foron moi aplaudidos polo resto dos centros de toda Galicia que participaron no festival connosco.
Asistimos a diferentes obradoiros musicais, e despois de xantar todos xuntos, voltamos a Carballo encantados de compartir un día tan musical.

 

PROCEDEMENTO QUE COMPRE SEGUIR NAS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS OUTORGADAS NO 2º CURSO DE BACHARELATO

Reclamacións ante o centro:

Prazos:

  • convocatoria ordinaria: 22 e 23 de maio de 2019 (até ás 14:00h).
  • convocatoria extraordinaria: 25 e 26 de xuño de 2019 (até ás 14:00h)

Presentaranse por escrito dirixidas á dirección.

Reclamacións ante a comision de supervisión:

Prazos:

  • 24h contadas desde a notificación da resolución da reclamación ante o centro.

Presentarase por escrito ante a dirección do centro donde se fixo a reclamación anterior, dirixida a dirección, indicando que a mesma remita o expediente de reclamación ao/á presidente/a da comisión de supervisación.

 

Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan  minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a  capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.

Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife.  Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.

Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.