Informacións por COVID-19

Curtametraxe: El sorteo

Atención a esta curtametraxe realizada polo alumnado de 4º ESO da materia Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial do IES Valle del Arlanza. O film axudaravos a reflexionar sobre a necesidade de cumprir as medidas sanitarias do protocolo COVID, dentro e, sobre todo, fóra do centro. O video faravos ver que estas medidas son imprescindibles para garantir non só a vosa saúde, senon a de todos os demais. Dende o IES Indalecio Pérez Tizón queremos felicitar e dar a noraboa a este alumnado polo estupendo traballo realizado:

 

Aviso á comunidade escolar: infraccións protocolo COVID

Lémbrase a toda a comunidade escolar de que este ano hai que cumprir obrigatoriamente o protocolo COVID. En caso de incumprimento de normas, estas que figuran a continuación son as posibles sancións:

 

infracións protocolo covid de olallaae

Darse de alta en Abalar Móbil

Dadas as singulares circunstancias deste curso escolar propiciadas pola COVID-19, lémbrase ás familias a importancia de darse de alta no servizo ABALAR MÓBIL, xa que é unha canle de comunicación fundamental entre as familias e o centro. A continuación, móstranse as instrucións para activalo para todas aquelas familias que aínda non fan uso do mesmo:

 

1º Entrar nalgunha aplicación de descargas como  "Play Store", por exemplo.
2º Poñer no buscador: AbalarMóbil 
3º Picar no icono.
4º Picar instalar.
5º Ao abrir a aplicación pediranlle un número de teléfono móbil (aquí está o truco, e por isto aparecen a maioría de problemas coa aplicación). Este número de teléfono ten que ser o que está como principal nos datos de matrícula, que comunicaron ao centro cando matricularon aos seus fillos.
6º Ingresar o número de teléfono.
7º Despois recibirán un sms cun código.
8º Ingresar ese código.
9º Operación rematada

Saída do centro do alumnado que fai uso do transporte escolar

Este mapa que figura a continuación axudaravos a lembrar a fila na que vos tedes que colocar á saída do instituto para coller o autobús:

 

Protocolo COVID: citas cos pais e nais

Infórmase aos pais/nais/titores/as legais do alumnado do noso centro de que este ano, debido as circunstancias singulares xeradas pola pandemia, NON PODEN ENTRAR NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO.

  1. TITORÍAS: realizaranse mediante vía telemática (correo electrónico ou videoconferencia) ou telefónica.
  2. As XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS ou CONSULTAS Á DIRECCIÓN que teñan que facerse dentro do centro serán CON CITA PREVIA (chamando ao teléfono: 886 11 07 49).

Síntomas do COVID-19

Lembramos a toda a comunidade escolar que en caso de presentar síntomas compatibles co COVID-19, o persoal afectado debe quedar na casa. Na seguinte infografía preséntanse os síntomas do virus por se alguén os esqueceu:

 

Normas para a a realización dos exames de setembro 2020

Na ligazón que figura a continuación móstranse as normas que o alumnado deberá seguir durante a realización das probas presenciais de recuperación do mes de setembro 2020:

NORMAS A SEGUIR DURANTE A REALIZACIÓN DOS EXAMES PRESENCIAIS DE SETEMBRO

 

 Ou consultade a seguinte presentación:

Tarefas para o alumnado que debe recuperar en setembro

No seguinte site poden acceder ás tarefas esixidas por parte dalgúns profesores/as para que o alumnado realice durante o periodo de vacacións de verán:

Concreción de instrucións da terceira avaliación

Na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaban de publicarse as "Instrucións do 28 de maio de 2020 polas que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020". Na seguinte ligazón atoparán toda a información:

INSTRUCIÓNS DO 28 DE MAIO

Distribuir contido