Igualdade
Búsqueda de voluntarios para formar parte da Patrulla I
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 04/08/2021 - 13:31Búscase a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos que estea interesado en formar parte da Patrulla que queira emprender, organizar ou elaborar actividades a prol da igualdade no Indalecio, ou sexa, a Patrulla I.
Os interesados/as debédevos anotar en vicedirección antes do venres 23 de abril.
Cancións contra a violencia de xénero
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 03/05/2021 - 12:34Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:
CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Artigo de "La Vanguardia": violencia machista no "reggaeton"
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 03/04/2021 - 14:21A ligazón que figura a continuación conduce a un artigo publicado no periódico "La Vanguardia", no que se analiza o impacto social do reggaeton, e pon en evidencia as denigrantes letras que se cantan neste xénero musical.
EL PREOCUPANTE TRIUNFO DE LAS LETRAS MACHISTAS DE "REGGAETON"
8 de marzo: Educando en igualdade
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 03/02/2021 - 12:04Día Internacional da muller na ciencia: pequena homenaxe a Hedy Lamarr
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 02/11/2021 - 12:12Velaquí unha pequena homenaxe a unha actriz de Hollywood dos anos 40 case olvidada: Hedy Lamarr. Neste día coma o de hoxe, o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, non merece menos que lembrala, recoñecéndolle e agradecéndolle o esforzo das súas investigacións, o que non se fixo na súa época.
Conmemoración do día da muller na ciencia: Non mais Matildas
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 02/04/2021 - 14:14Que pasaría se algúns dos científicos máis coñecidos da historia da humanidade nacesen coma mulleres? A resposta pode que se atope nos seguintes contos que plantexan unha vida hipótetica para unha muller apelidada Einstein, Schröedinger ou Fleming. Dende o equipo de Igualdade animámosvos a ler estes relatos e a reflexionar ao respecto ao longo da próxima semana para celebrar o 11 de febreiro o Día da Muller na Ciencia.
A historia de Pepe e Pepa
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 12/11/2020 - 13:35A socióloga Carmen Ruiz Repullo realiza unha serie de charlas e talleres, para adultos e adolescentes, sobre violencia de xénero. Esta en particular conta a historia de Pepe e Pepa, unha parella adolescente que vive unha relación tóxica. Carmen vai explicando como el vai manipulando a súa noiva e o proceso polo cal se chega á violencia física. Unha charla marabillosa que nos axudará a reflexionar e, sobre todo, a detectar as alarmas que deberían sonar nas nosas cabezas cando estamos nunha relación insana que vai en camiño de acabar en maltrato físico.
Enquisa sobre violencia de xénero
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 12/11/2020 - 13:24Convidamos ao noso alumnado de Bacharelato e de Ciclos de Comercio e de Electricidade a participar nesta enquisa sobre violencia de xénero, e a reflexionar sobre as preguntas e as posibles respostas ás mesmas.
Actividade: A publicidade e o sexismo
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 12/04/2020 - 13:44ACTIVIDADES SOBRE O SEXISMO NA PUBLICIDADE
A continuación, móstrase unha ligazón a un blog onde tamén se pode traballar esta temática:
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
