Sabores do mundo 2019
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 01/14/2020 - 13:35Xa están na nosa páxina de Facebook as fotografías de Sabores do mundo de 2019. Noraboa aos gañadores!!
Fotos do Magosto 2019
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 11/20/2019 - 12:51As fotos da celebración do noso Magosto xa está na páxina de Facebook do noso centro. Non volas perdades: fotos magosto
Campionato de futbito 2019-2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 11/19/2019 - 10:15Este curso académico, baixo a iniciativa do alumnado de Ciclo Medio de Electricidade, celebrarase o I Campionato de Futbito no noso centro. Os partidos xogaranse durante os recreos dos mércores e venres. No enlace que tedes a continuación poderedes ver o calendario establecido ata final de curso, así como no taboleiro de anuncios. A liga comezará este mércores 20 de novembro.
Lembramos que o campo de futbito do centro queda entón reservado durante estes dous días (mércores e venres, agás días excepcionais) para o desenvolmento do torneo nos recreos: o primeiro recreo será o primeiro tempo do partido, e no segundo recreo xogarase o segundo tempo. En caso de chuvia, un dos tempos do partido ou o partido completo se suspenderá e se xogará outro día. Tampouco se celebrará o torneo cando haxa unha celebración no centro (Sabores do Mundo, Entroido...).
No calendario figuran cando se xogarán os partidos e os equipos que competirán. Hai que ter en conta que en cada xornada un dos equipos da liga descansará, pero todos xogarán o mesmo número de partidos, de tal xeito que isto non afectará á puntuación final. Se un equipo ten a necesidade de cambiar un partido (por exame, saída didáctica...) pode facelo, pero ten que comunicalo previamente en Vicedirección ou ao alumnado de I Ciclo Medio de Electricidade responsable da actividade. De non facelo, non se xogará o partido e sumará os puntos o equipo contrario.
Exposición micolóxica
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/14/2019 - 10:11Dende hai dúas semanas o noso centro expón unha interesantísima colección de cogumelos e setas no pavillón B. Se aínda non fostes ver esta exposición aínda estades a tempo.
![]() |
![]() |
![]() |
Saída ao Museo Liste (Vigo)
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/14/2019 - 10:05O noso alumnado de 2º ESO foi visitar o pasado 12 de novembro o Museo Liste de Vigo. Como podedes ver nas imaxes o museo é moi interesante e sorprendente:
Resolución da convocatoria de dúas mobilidades Erasmus+
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 11/06/2019 - 20:45O profesorado seleccionado na convocatoria de dúas mobilidades de docentes do proxecto "FP Básica: un puente hacia el futuro", que se realizarán durante o mes de novembro de 2019 son:
- Dona Beatriz Fernández Bernárdez
- Dona Sonia Pérez Álvarez
Concurso de imaxes cooperación para a igualdade e prevención contra a violencia de xénero
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 11/05/2019 - 20:31Como xa moitos de vós sabedes, hai un concurso de imaxes para colaborar a lograr a igualdade e previr e erradicar esta lacra que afecta á nosa sociedade chamada violencia de xénero. Premendo na imaxe que vedes a continuación poderedes acceder ás bases do concurso. Animádevos a participar nesta iniciativa.
Por último, deixamos algunhas das fotografías que os organizadores deste concurso fixeron durante as charlas que tiveron co noso alumnado:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Samaín 2019. Biblioteca
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 11/04/2019 - 13:46Os que aínda non vos achegastes á Biblioteca para ver a exposición deste ano do Samaín, non vola perdades. Como vedes nestas imaxes, ao alumnado e ao equipo de traballo de Biblioteca quedoulles arrepiante a homenaxe aos 200 anos da publicación de O vampiro de Polidori.
Convocatoria de dúas mobilidades Erasmus para profesorado e criterios de selección.
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 10/25/2019 - 10:35CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PARA PROFESORADO
- Convócanse dúas prazas para realizar unha mobilidade Erasmus ao estranxeiro.
- As dúas mobilidades son de Job Shadowing: trátase dun periodo de formación en empresas ou centros formativos.
- A duración das mobilidades será de cinco días naturais (de luns a venres) e dous días de viaxe.
- O instituto ten contactos en Portugal e Italia. Se os interesados/as teñen outros contactos poden recurrir a eles.
- O centro adianta o 80% da financiación concedida. No momento de volver, entregar a documentación e facer a enquisa final requerida polo SEPIE realizarase o pago do 20% restante. Pódense consultar a financiación por países no seguinte enlace: INFORMACIÓN FINANCEIRA.
- A continuación, especifícanse os criterios de selección de profesorado para participar nunha mobilidade Erasmus:
CRITERIOS DE SELECCIÓN | PUNTOS |
Estar colaborando co equipo Erasmus regularmente, según horario. | 4 |
Ser titor/a de 2º Ciclo Medio ou FP Básica, ou ser Coordinador/a de FCT. | 3 |
Ser membro do Equipo Directivo ou Xefe dun Departamento que imparta docencia en Ciclos Formativos ou FP Básica. | 2 |
Coñecemento do idioma inglés, ou outros idiomas, acreditado cun certificado oficial. | 2 |
Impartir clases en Ciclo Medio ou FP Básica. | 1 |
Ter destino definitivo no centro | 1 |
Será seleccionado o profesorado que máis puntuación acade.
En caso de empate valorarase o nivel do certificado de idioma aportado e o número dos mesmos. De continuar o empate, procederase a un sorteo.
Os interesados/as deben cumprimentar a carta de solicitude e entregala en vicedirección antes do 31 de outubro: DESCARGAR CARTA DE SOLICITUDE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- seguinte ›
- última »
