Que é o Fitofaladoiro Ons?
Un proxecto que estamos a desenvolver no IES Illa de Ons, centrado na investigación sobre os nomes e usos das plantas da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal será unha das principais fontes de información e os propios rapaces e rapazas os entrevistadores e recolectores das mostras.
Na seguinte infografía podemos ver, de xeito esquemático, as tarefas que estamos a realizar dentro do noso proxecto.