Contrato do servizo de xestión e explotación da cafetería 2016/2017

15/07/2016 00:01
29/07/2016 23:59
Etc/GMT+1

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dános as instrucións para realizar un novo contrato de do servizo de xestión e explotación da cafetería para o vindeiro curso 2016/2017.

Xuntamos a folla de especificacións técnicas e as condicións do contrato que constitúen o conxunto de instrucións, normas e especificacións para a execución do servizo para a explotación e xestión da cafetería do noso centro.

Os interesados poderán participar neste concurso atendendo ás seguintes bases:

 

1.  Poderá concursar calquera persoa física ou xurídica que cumpra coa condición xeral 1.2 do contrato.

2.  A folla de especificacións técnicas e as condicións do contrato estarán á disposición dos interesados na secretaría do centro e no portal educativo do instituto: http://www.edu.xunta.es/centros/iesillaons/

3.  As ofertas poderán presentarse polos seguintes medios:

 

Directamente na oficina de administración do centro nun sobre pechado.

Por correo postal (Rúa a Pedra, 51. 36930 Bueu – Pontevedra)

Por correo electrónico (ies.illa.ons@edu.xunta.es)

O prazo de presentación de ofertas rematará o 29 de xullo de 2016.

Calquera dúbida relacionada co concurso poderán consultala na oficina de administración do centro (Tfno. 886 159 510).

 

AdxuntoTamaño
01 FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS.pdf143.31 KB
02 CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN.pdf254.41 KB
Anexo I.doc127.5 KB
Anexo II.doc127 KB
Anexo III.doc141 KB
Anexo IV.pdf89.45 KB