Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 05, 2016
Start: 05/04/2016 08:50

O martes 5, mércores 6 e xoves 7 de abril, levarase a cabo un taller de percusión co alumnado de 3º e 4º ESO.

O taller é impartido polo percusionista Didier.

 

Mércores Abril 06, 2016

O martes 5, mércores 6 e xoves 7 de abril, levarase a cabo un taller de percusión co alumnado de 3º e 4º ESO.

O taller é impartido polo percusionista Didier.

 

Start: 06/04/2016 21:24

O pasado venres día 1 de abril tivo lugar o II campeonato de escalada do noso centro. Nesta ocasión participaron 5 alumnos de 4º curso.

Aquí tedes, de esquerda a dereita Pedro, André, Alba, Tania e José Manuel. Grazas a todos por participar. 

Por certo, que das fotos se encargaron dous antigos alumnos Agustín e Adán, que non quixeron perderse este evento. Grazas tamén a eles.

Xoves Abril 07, 2016
Start: 05/04/2016 08:50
End: 07/04/2016 12:45

O martes 5, mércores 6 e xoves 7 de abril, levarase a cabo un taller de percusión co alumnado de 3º e 4º ESO.

O taller é impartido polo percusionista Didier.

 

Luns Abril 11, 2016
Start: 11/04/2016 10:00
End: 11/04/2016 11:30

RISCOS DE INTERNET

A maioría dos adolescentes que fan uso das novas tecnoloxías non son consciente dos riscos que conlevan.

 

 

O vindeiro luns 11 de Abril, en horario de 10:00 a 11:25 h, terá lugar unha charla impartida por membros de Garda Civil, para o alumnado de 1º e 2º da ESO, sobre as novas tecnoloxías, os riscos de internet e o acoso escolar a través das mesmas.

 

Sábado Abril 23, 2016
Start: 23/04/2016 12:00
End: 23/04/2016 14:00
O Concello de Bueu súmase este sábado á celebración do DÍA DO LIBRO, polo que organiza unha lectura de obras de Manuel María, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con este motivo quere facer un chamamento á participación do maior número de persoas, alumnado e familias,

O acto terá lugar este sábado ás 12 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

Luns Maio 02, 2016
Start: 02/05/2016 11:55
End: 02/05/2016 17:40

A Concellaría de Obradoiros sociais, voluntariado e mocidade e infancia do Concello de Bueu  organiza no noso centro uns obradoiros sobre drogodependencias dirixido ao alumnado de 2º, 3º 3 4º de ESO.

A psicóloga Amalia Piedras impartirá as charlas durante varias sesións cunha duración de 2 horas por grupo.

Martes Maio 03, 2016
Start: 03/05/2016 09:23
End: 03/05/2016 17:23

O pasado 3 de maio fixemos disfrutamos dunha nova andaina co alumnado de 1º ESO. Nesta ocasión comezamos en Vilanova-Aldán, subimos ó Facho de Donón e continuamos ata Cabo Home onde nos dimos o  1º baño da temporada na praia de Melide e xantamos no pinar.

Unha boa xornada  na compaña da boa xente do IES ILLA DE ONS.

Penúltima andaina do alumnado de 1º deste curso. Aínda queda unha máis, e será a mellor!!!

Start: 03/05/2016 11:55
End: 03/05/2016 12:45

O martes día 3 de maio de 2016 teremos unha charla informativa impartida por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a  utilización responsable e segura de internet.

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 11,55 ata 12,45h.

 

Distribuir contido