Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 21 horas 38 min

O Comité Educativo avala a actualización do protocolo de atención domiciliaria para adaptalo ás situacións do contexto covid

Ven, 27/11/2020 - 09:34

Summary: 

O conselleiro Román Rodríguez presidiu a reunión deste grupo de expertos Refórzanse os procesos de seguimento na atención ao alumnado, mellórase a coordinación entre centros educativos e autoridades sanitarias e flexibilízanse as condicións de ensino en canto a horarios e modos de atención Créanse os Equipos de Atención Virtual ao Alumnado, cun equipo específico para Infantil e Primaria e outro para Educación Secundaria por provincia A Consellería traballa nunha orde de desenvolvemento do Decreto 229/2011 de atención á diversidade que dotará de seguridade xurídica todas as iniciativas de atención domiciliaria e hospitalaria Idioma Gallego

O Comité Educativo, na súa reunión de hoxe, someteu a debate e aprobación a mellora do actual Protocolo de Atención Educativa domiciliaria co fin de adaptalo ás situacións derivadas do contexto actual de pandemia, reforzar os procesos de seguimento na atención ao alumnado, mellorar a coordinación coas autoridades sanitarias e as canles de comunicación entre as familias e os centros educativos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez agradeceu as aportacións do grupo de traballo encargado da actualización deste protocolo co obxectivo de adaptalo á realidade derivada da crise sanitaria, ao tempo que dotalo de seguridade normativa, xa que se trata dun asunto “moi sensible para as familias” e “hai que ofrecer novas opcións para dar unha mellor resposta educativa posible tendo en conta as necesidades do alumnado”, subliñou.

A maiores, desde o departamento de Educación da Xunta estase traballando nunha orde que desenvolverá o Decreto 229/2011, de Atención á Diversidade en Galicia, e na que se recollerán todos os aspectos relacionados coa atención domiciliaria e hospitalaria, como as condicións desta atención, a dotación de medios para levala a cabo e a planificación do proceso de ensino. Deste xeito, moitos dos aspectos do protocolo sometido a debate xa serán incorporados nesta norma.

Reforzo e flexibilización

O protocolo actualizado inclúe entre os supostos de atención domiciliaria situacións de especial vulnerabilidade persoal do alumnado ou do seu núcleo de convivencia. En todo caso, de forma xeral, a atención domiciliaria deberá establecerse por prescrición médica.

O texto fai fincapé no necesario reforzo dos procesos de seguimento, a través da xefatura de estudos dos centros en colaboración co profesorado. Introduce tamén unha maior flexibilización nas condicións atención domiciliaria á hora de ponderar alternativas complementarias relacionadas coa distribución horaria, coa seguridade e o apoio domiciliario, co apoio telemático ou o ensino mixto.

Así mesmo, as decisións de atención domiciliaria serán revisadas cunha periodicidade prefixada para permitir a paulatina incorporación do alumno ao centro en canto sexa posible, tendo en conta que os beneficios do proceso de ensino-aprendizaxe non se circunscriben unicamente ao ámbito de adquisición de coñecementos, senón que o colexio exerce unha importante función socializadora e de desenvolvemento emocional.

Equipos de Atención Virtual ao Alumnado

De xeito paralelo, avanzouse na posta en marcha dos Equipos de Atención Virtual ao Alumnado −cuxa instrución se publicará nos próximos días−, cos que se reforzará e completará a atención domiciliaria para aqueles alumnos que, por padecer unha determinada patoloxía ou por calquera outra causa xustificada, non poidan acudir a clase por un período prolongado de tempo.

Trátase, polo tanto, de adaptar e mellorar o proceso de seguimento do alumnado en atención domiciliaria aos tempos e necesidades actuais, tendo en conta as especificidades
de alumnado con especial vulnerabilidade ou con familiares con especial vulnerabilidade que non pode acudir ao centro nin tampouco recibir no seu domicilio ningún docente.

Estes Equipos de Atención Virtual estarán ao servizo do alumnado que non acude ao centro educativo por ter familiares vulnerables convivintes e para o que as comisións provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na covid −que quedaron constituídas hoxe− determinan como xustificada a súa ausencia; así como para aquel alumnado que deba permanecer convalecente no seu domicilio por un período superior a un mes.

Haberá dous equipos de Atención Virtual por cada provincia, un integrado por docentes do corpo de mestres para atender as etapas de Infantil e Primaria, e outro para atender ao alumnado de Educación Secundaria, que estará integrado por profesionais docentes do corpo de profesores de Ensino Secundario.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para o corpo de profesores de música e artes escénicas, Clave

Ven, 27/11/2020 - 04:35
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas

Resolución do 26 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de clave (594405).

Achégase resolución, o baremo provisional  e a relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

A Xunta investirá 30.000 € na mellora das fiestras do Conservatorio de música Manuel Quiroga, en Pontevedra

Xov, 26/11/2020 - 10:00
Idioma Gallego

Summary: 

O xefe territorial da Consellería de Educación mantivo hoxe unha reunión co equipo directivo do centro, ao que lle trasladou que as obras se executarán de inmediato

A Xunta investirá 30.000 euros na primeira fase da mellora das fiestras do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, na cidade de Pontevedra. O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares, reuniuse hoxe co equipo directivo do centro para informalos das actuacións que a Unidade Técnica valorou realizar, así como para trasladarlles que as obras se iniciarán nos próximos días para as arredor de 30 fiestras que precisan desta intervención dunha forma máis inmediata. A segunda fase ata completar toda a carpintería exterior do centro acometeranse o vindeiro ano.

A actuación consistirá na transformación da parte fixa das fiestras en proxectante, de tal forma que se poidan abrir e mellorar así a ventilación das estancias. A Unidade Técnica, de acordo co equipo directivo do centro educativo, optou por esta solución tras a elaboración dun informe técnico especializado (para realizar o estudo oportuno sobre as características das aulas, o volume do aire, a ocupación, etc), autorizado en coordinación coas directrices da autoridade sanitaria.

As melloras contribuirán a mellorar a ventilación das aulas, ao tempo que se mantén o illamento acústico que é necesario nun centro destas características. Esta actuación súmase á reforma das ventás deste centro acometida en 2016 por importe superior aos 5.200 euros, que se centrou en cambiar algúns panos fixos a oscilobatentes.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2021

Xov, 26/11/2020 - 07:07
Idioma Gallego

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2021.

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas

Colectivo: 

Profesorado Centros Empresas

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para o corpo de profesores de música e artes escénicas, fundamentos de composición

Xov, 26/11/2020 - 06:17
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Resolución do 26 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, a especialidade de fundamentos de composición (594412).

 

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario

Mér, 25/11/2020 - 15:00
Idioma Gallego

De conformidade co artigo 10 da Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2020/21 (DOG do 28 de setembro), procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.

Información nos teléfonos 981 54 54 33/31 do Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios.

Anuncio principal: 

Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2020/21

Tema: 

Bolsas Máster

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades

Colectivo: 

Alumnado

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2020-2021. Resolución provisional

Mér, 25/11/2020 - 09:50
Idioma Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de outubro do 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de reclamacións remata o 30 de novembro de 2020.

 

Tema: 

Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesional

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Centros

Román Rodríguez advirte que a nova Lei educativa racha coa imparcialidade na designación dos inspectores educativos

Mér, 25/11/2020 - 08:33

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade reuniuse cos colectivos de inspectores para analizar os efectos do texto normativo neste corpo Sinala que o texto abre a porta a que “poidan ser elixidos polo dirixente de turno” de xeito arbitrario en lugar de valorarse os coñecementos pedagóxicos demostrados a través dunha proba obxectiva vixente ata o de agora Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo esta mañá unha reunión cos colectivos dos inspectores educativos para avaliar o impacto da nova lei de Educación coñecida como Lei Celaá, neste colectivo, así como para escoitar as súas demandas nun contexto onde a súa carga de traballo se veu incrementada de xeito considerable por mor da covid-19.

Román Rodríguez amosou a súa preocupación por un texto que considera que racha coa imparcialidade na designación dos inspectores educativos e, deste xeito, pretende exercer a conseguinte inxerencia e intromisión na toma de decisións do colectivo dos inspectores educativos, que son o nexo de comunicación entre os centros e a administración.

O conselleiro advirte que esta nova lei, que foi elaborada sen ter en conta ás comunidades autónomas, “sementa arbitrariedade e discrecionalidade” no nomeamento dos inspectores xa que elimina a fase de oposición no acceso ao corpo de inspectores e cambia as regras obxectivas por un sistema de “elección a dedo” que o que busca é “controlar, dirixir e manipular” o corpo dos inspectores, que exerce unha función fundamental no sistema educativo.

Segundo o texto que acaba de ser aprobado no Congreso, substitúese a proba obxectiva na que se valoraban os coñecementos pedagóxicos, da administración e sobre lexislación educativa que son determinantes para o desempeño da función inspectora, por unha simple valoración da capacidade de liderado e competencias que, en palabras de Román Rodríguez, “abre a porta á discrecionalidade e á subxectividade”. Ademais, introdúcese como novidade que as administracións poidan reservar ata un terzo das prazas para provisión mediante concurso de méritos, “dando lugar a que poida ser elixido polo dirixente de turno, algo inadmisible”.

Preservar a calidade do sistema

O titular de Educación subliñou que o Goberno galego vai seguir traballando para que, dentro da legalidade, o sistema educativo galego non se vexa afectado pola aplicación desta lei que, segundo reiterou, “ataca os piares básicos do noso sistema como son a calidade, a equidade, a igualdade de oportunidades e a cultura do esforzo”.

Precisamente a este respecto lembrou que a Xunta de Galicia xa puxo en marcha unha serie de mecanismos para preservar a calidade da educación, avalada por informes internacionais como Pisa. Así, a Consellería vén de aprobar unhas instrucións para corrixir en Galicia o decreto do aprobado xeral, así como o deseño dunha formación unha formación específica para os docentes que sexa necesario contratar sen máster, fronte á proposta do Ministerio, que decidiu non esixirlles nin unha mínima formación pedagóxica.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Anulación da convocatoria da iniciativa "EnCANTame Ler" para o ano 2020

Mér, 25/11/2020 - 04:10
Idioma Gallego

Achégase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 23 de novembro de 2020 pola que se anula a convocatoria do 2 de marzo relativa ao proxecto "EnCANtame Ler", de lectura apoiada por cans, destinada a centros públicos de educación infantil e primaria ou centros específicos de educación especial de titularidade da consellería para o presente ano 2020. Considérase que no contexto actual dos centros, provocado pola covid19, non é posible desenvolver en toda a súa extensión a actividade de lectura apoiada por cans prevista, no formato e co deseño para o que foi concibida.

File: 

Resolución do 23 de novembro de 2020: Anulación convocatoria

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, Servizos de restauración

Mar, 24/11/2020 - 06:15
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 24 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de servizos de restauración (591226).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.  

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, fútbol

Mar, 24/11/2020 - 06:02
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación do procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol

Resolución do 24 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de fútbol (590701).

Achégase resolución e relación definitiva de baremo e de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, lingua castelá e literatura

Mar, 24/11/2020 - 04:41
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 24 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua castelá e literatura (590004).

  • Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2019-2020. Resolución de avaliación

Lun, 23/11/2020 - 08:47
Idioma Gallego

Publicada a Resolución de avaliación da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional correspondente á convocatoria do curso 2019-2020.

Tema: 

Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesional

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín

Composición da Comisión Avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente

Lun, 23/11/2020 - 07:33
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e PES, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores...

Xúntase a Resolución do 12 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da Comisión Avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado

A Xunta presenta a formación para o profesorado sen máster co fin de manter os estándares de calidade do ensino galego

Lun, 23/11/2020 - 07:11
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro Román Rodríguez expuxo hoxe este curso, elaborado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación co aval do Comité Educativo O obxectivo é facilitar aos profesionais unha cualificación que facilite o seu labor, ao tempo que se garante ao alumnado a mellor formación dos seus docentes Galicia corrixe así a decisión do Goberno central, que permite a contratación do profesorado sen esixir máis que a titulación O curso, telemático, componse de cinco módulos que dan ao profesorado ás claves para desenvolverse no seu día a día

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a formación que a Xunta de Galicia ten programada para os docentes que se contraten e que non conten co Máster do Profesorado ou equivalente. A iniciativa, tal e como salientou, ten como obxectivo manter os estándares de calidade do sistema educativo galego, avalados tanto polos resultados do informe PISA como por unha redución do 50% na taxa de abandono temperá na última década, que está agora na nosa Comunidad case cinco puntos por debaixo da media estatal.

Román Rodríguez explicou que esta formación é “un plus de garantía” fronte á decisión do Ministerio de permitir a contratación de docentes sen Máster do Profesorado sen esixir nada máis que a titulación. En calquera caso, non vai en detrimento dos dereitos do profesorado, dado que a contratación destas persoas será excepcional, só cando non exista outra persoa que si conte co Máster ou equivalente e non consolidará dereito na listaxe, tal e como foi transmitido aos sindicatos na mesa sectorial.

Neste sentido, destacou que os profesos de oposicións realizados en Galicia na última década, así como a apertura de listas en 49 especialidades o pasado verán, permite ao sistema educativo galego contar cun amplo número de docentes ben preparados para a docencia.

“Acabamos de rematar as instrucións para corrixir en Galicia os defectos do coñecido como decreto do aprobado xeral, mantendo o nivel de esixencia e os criterios de avaliación, promoción e titulación”, dixo o conselleiro, que salientou que “como Administración é a nosa obriga garantir e contribuír á formación profesorado, o que é a razón de ser da formación que hoxe presentamos”.

Elaborada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), o corazón da Rede de Formación do Profesorado, e co aval do Comité Educativo, esta formación desenvolverase de xeito telemático e compaxinarase co período de traballo destas persoas, a través dun repositorio virtual habilitado pola Xunta –que contribuirá a que teñan un maior coñecemento do sistema educativo e das ferramentas tecnolóxicas institucionais– e baixo a supervisión de profesionais da Rede de Formación do Profesorado da Xunta.

Ao acto de presentación asistiron tamén o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, e o director do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Ángel Rodríguez Sánchez

Temáticas da formación

O curso está composto por cinco módulos. O primeiro deles centrarase no coñecemento da normativa, organización institucional e funcionamento dos centros educativos, do sistema educativo galego en xeral e das diferentes estratexias educativas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O segundo módulo contribuirá a que a persoa que o curse se familiarice co traballo no centro educativo e coas funcións do profesorado en relación ás Competencias Profesionais Docentes

O módulo tres aborda cuestións como a adaptación do centro á covid ou as ferramentas tecnolóxicas institucionais (aula virtual, ferramenta de videoconferencia ou rede Agueiro), mentres que o cuarto afonda nos principais documentos (proxecto educativo, plan lector, programación anual...) cos que se traballa nun centro e os recursos para a aula, como o repositorio de contidos educativos Abalar.

Finalmente, o módulo quinto recolle a información para que o persoal docente coñeza as estruturas de formación permanente do profesorado.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado

A Xunta dá a coñecer na Maker Faire proxectos de 14 centros de ensino que apostan pola inclusión e a innovación educativa

Ven, 20/11/2020 - 11:08

Summary: 

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, participou na apertura da xornada de educación da Galicia Maker Faire Galicia Mira destacou o “bo facer de alumnado e docentes que se reflicte en proxectos tecnolóxicos como un minisatélite, unha estación de control de augas ou aplicacións para crear escolas máis inclusivas e seguras nos tempos da covid-19” A través da plataforma en liña do evento preséntanse proxectos ‘maker’ de 14 centros de ensino de primaria, secundaria e FP de Galicia, ademais doutros do resto de España, Portugal e Brasil Unha decena de finalistas –entre eles oito galegos– optan aos tres galardóns do certame, que recibirán como premio uns kits de robótica e electrónica básica Idioma Gallego

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020. Un pequeno satélite, unha estación de baixo custo para o control da calidade da auga, ou o emprego da tecnoloxía ao servizo dunha educación máis inclusiva e segura nos tempos da covid-19, son algúns dos proxectos que se darán a coñecer nesta xornada da Maker Faire Galicia 2020, que por vez primeira dedica todo un día ao ámbito educativo.

O programa pode seguirse enteiramente en liña desde calquera lugar e, ademais de mesas redondas, charlas e obradoiros destinados a docentes e alumnado, inclúe as presentacións de 28 proxectos de argalleiros e argalleiras de Galicia, do resto de España, Portugal e o Brasil. O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta participou na apertura do encontro, onde destacou “o bo facer de alumnado e docentes que se reflicte en proxectos tecnolóxicos como un minisatélite, unha estación de control de augas ou aplicacións para crear escolas máis inclusivas e seguras nos tempos da covid-19”.

Neste sentido, José Luis Mira tamén recoñeceu a calidade dos proxectos presentadas nesta edición da Maker Faire, onde podemos coñecer ideas de todo tipo, desde iniciativas para que os máis pequenos da escola traballen a motricidade fina e dean os seus primeiros pasos na robótica, ata un robot deseñado para axudar na xestión das emocións aos nenos e nenas con TEA, ou enxeñosas ideas para aplicar a tecnoloxía fronte á pandemia, abrindo roupeiros e portas sen chave ou accedendo aos ordenadores sen teclear”.

Proxectos ‘maker’ dos centros de ensino

Do total de 28 proxectos presentados no ámbito educativo, unha decena de finalistas presentan o seu pitch en liña para seren avaliados por un xurado especializado do CAFI, que decidirá os tres galardóns do certame. Ademais do recoñecemento ao seu traballo, recibirán como premio uns kits de robótica e electrónica básica para continuar a desenvolver proxectos creativos e tecnolóxicos desde o centro de ensino.

Entre os 14 centros de primaria, secundaria e FP galegos que participan no encontro atópanse por exemplo o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, que deseñou e construíu unha recreativa arcade totalmente personalizada e montada polo alumnado; o IES David Buján de Cambre, con dous proxectos para a creación dunha estación de baixo custo para o control da calidade da auga dos ríos ou un espazo biomaker para facer investigacións de biotecnoloxía en colaboración con escolas de Lituania, Italia e Macedonia. Desde o IES Sánchez Cantón de Pontevedra preséntase tamén un proxecto de minisatélite desenvolvido por seis estudantes de Bacharelato para a competición Cansat convocada por ESERO-Spain –organismo dependente da Axencia Espacial Europea–.

No ámbito máis social, atopamos tamén proxectos que empregan a tecnoloxía como ferramenta de axuda e inclusión, como o presentado polos IES Zalaeta e o Centro de Educación Especial Nuestra Señora de Lourdes, da Coruña, ou o proxecto Instituto Ensino Secundario Seguro, xurdido no IES Maximino Romero de Lema da Coruña dentro das medidas de adaptación ao contexto da covid-19, co fin de crear espazos seguros dentro do centro educativo que reduzan o contaxio do virus SARS-COV2. Con este proxecto preténdese impulsar as habilidades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado, ao mesmo tempo que se procuran ideas enxeñosas para aplicar a tecnoloxía fronte á pandemia e entre as que se atopan abrir os roupeiros ou as portas sen chave, ou acceder a ordenadores con tarxetas sen necesidade de tocar o teclado.

Un Museo Gaiás en 360º

Desde a plataforma en liña da Maker Faire Galicia 2020 (https://makerfairegalicia.com/gl), pode accederse a todos os contidos do programa destes cinco días dedicados á creatividade e ao enxeño. Permitindo ás persoas visitantes circular virtualmente polo interior dun Museo Gaiás recreado en 360 grados, o sistema ofrece a posibilidade de conectar a través de videoconferencia cos makers que expoñen os seus proxectos. Tamén a través da mesma web se pode acceder a todos os obradoiros, charlas e mesas redondas programadas, nas que ademais de educación se tratan temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, videoxogos ou innovación social.

Entre os relatores máis destacados do encontro atópanse Yannick Roy, co-fundador e director da comunidade máis grande do mundo de neurotecnoloxía (NeuroTchX); Sofía Belenguer, co-creadora e CEO de MyRealFood, a app que axuda a levar unha dieta saudable baseada en comida real; ou Maitane Alonso, a maker que con só 18 anos sorprendeu á NASA coa súa máquina de conservación de alimentos.

A Maker Faire Galicia 2020 celebrarase co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

XV Premios á excelencia musical Mans Futuro 2020

Ven, 20/11/2020 - 08:53
Idioma Gallego

Premios convocados ao abeiro do "Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música", do 5 de xuño de 2020.

 

File: 

Convenio Bases da convocatoria Adxudicación dos premios

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Alumnado

Publicación da Resolución provisional de centros seleccionados e actuacións concedidas da convocatoria de contratos-programa 2020/21

Ven, 20/11/2020 - 08:43
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se regulan os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2020/21

Xúntase Resolución provisional Contratos-programa 2020/21  e  Listaxe provisional de centros seleccionados (ordenados por código de centro).

O prazo de reclamacións e/ou renuncias remata o venres 27 de novembro de 2020.

 

Servizo relacionado: 

Contratos-programa

Tema: 

Contratos-programa

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, organización e proxectos de fabricación mecánica

Ven, 20/11/2020 - 06:45
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 20 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario , especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica (590112).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.  

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado