Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 8 horas 41 min

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduExchanges para o curso 2018/2019

Ven, 15/02/2019 - 10:42
Idioma Gallego

Resolución do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2018/2019.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Portal Educativo.
File:  Resolución do 14 de febreiro de 2019 Anexos I a V Anexo VI Instrucións para cubrir os anexosTema: Programas e plansEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004)

Ven, 15/02/2019 - 08:52
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura dunha lista de interinidades/substitucións de profesorado especialista de nacionalidade estranxeira para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés

Resolución do 14 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboracióndunha lista de interinidades/substitucións de profesorado especialista de nacionalidade estranxeira para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004).

  • Prazo de reclamación de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.

 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

Corrección de erros na apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións...

Ven, 15/02/2019 - 08:43
Idioma Gallego

Corrección de erros da Resolución do 13 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades de francés (590010),música (590016), análise e química industrial (590102), informática (590107), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112); e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades deinstalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos (591205), sistemas e aplicacións informáticas (591227), soldadura (591228).
 

  • Esta corrección implica a ampliación do prazo para formular solicitudes indicado na base terceira da resolución de convocatoria, abarcando ata o día 22 de febreiro (incluído).
     
Anuncio principal: Apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións informáticas e soldaduraTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades para a especialidade de linguaxe musical (594460)

Ven, 15/02/2019 - 08:34
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460)Resolución do 15 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento proento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460).
  • Prazo de reclamación de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.

     

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades para as especialidades de filosofía (590001) e patronaxe e confección (591217)

Ven, 15/02/2019 - 08:19
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección

Resolución do 15 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía (590001) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de patronaxe e confección (591217).
 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralFormación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado

Carmen Pomar sinala a educación como unha tarefa de sociedade na que é necesario aproveitar todos os talentos e capacidades

Ven, 15/02/2019 - 06:14
Idioma GallegoSummary: A titular de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe no Fórum Europa. Tribuna GaliciaPara a conselleira, a atención á diversidade e a orientación son fundamentais para guiar aos estudantes a través do proceso de aprendizaxe ao longo da súa vidaA FP e a universidade deben contribuír á transferencia de coñecemento á sociedade mediante a investigación e a innovación, apuntou

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, definiu hoxe no Fórum Europa. Tribuna Galicia a educación como un proceso ao longo da vida do ser humano no que é necesario aproveitar todas as capacidades e talentos, así como estar aberto ás diferentes opcións e mesmo á posibilidade de reinvención. Para acadar o obxectivo de cambiar a sociedade a través de educación, sinalou a necesidade de incidir na atención á diversidade e na orientación, así como na adaptación das ensinanzas á realidade social e do tecido produtivo, de tal forma que se acaden mellores niveis de empregabilidade e unha maior transferencia de coñecemento.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou, asemade, a corresponsabilidade de toda a sociedade na formación dos máis novos, “que está en risco nunha sociedade cada vez máis individualista”. “Familia e centros son os principais axentes educativos, pero non podemos esquecer o papel da comunidade”, dixo.

Inclusión e orientación

Carmen Pomar incidiu no labor que se está a facer en Galicia para construír unha escola inclusiva, que “recoñece a diferenza como virtude e a diversidade como capacidade”, que detecta e favorece as singularidades de cada estudante. “Ao recoñecer esta diversidade estamos dando cabida a todos os talentos, permitindo que ninguén quede no camiño”, afirmou.

Neste sentido explicou que é a escola a que debe axudar a descubrir, canalizar e potenciar ese talento individual, para o que o sistema educativo galego conta con ferramentas como o Decreto de Atención á Diversidade e diferentes protocolos que contribúen ao seu desenvolvemento. Así mesmo a Consellería está a deseñar un plan para a dinamización da orientación vocacional e profesional enfocado ao desenvolvemento persoas de cada estudante e que parte “do convencemento de que a orientación é inherente á propia educación, xa que contribúe á formación integral do alumnado, con independencia das súas capacidades ou necesidades”.

Por outra banda, acábase de crear o Servizo de Inclusión e Orientación Educativa, centrado nas medidas para o fomento da equidade e a inclusión, a igualdade de xénero, as necesidades específicas de atención educativa, a atención e o impulso das altas capacidades intelectuais, así como o asesoramento ás familias e a coordinación de todos os axentes da comunidade educativa.

Formación Profesional

A orientación é unha das ferramentas fundamentais para que o alumnado se decida por FP ou Universidade. “Calquera das dúas vías –dixo a conselleira– pode conducir a un desenvolvemento laboral satisfactorio. Unha das dúas ou as dúas porque, se as circunstancias cambian, poderán retomar estudos e continuar formándose”.

Carmen Pomar quixo destacar o aumento do prestixio da FP desde 2009, o que redundou nun aumento do número de matriculacións e nunha mellora considerable da inserción laboral dos seus titulados. Aínda así, incidiu na necesidade de seguir traballando da man das empresas e do tecido social e produtivo para seguir mellorando a oferta educativa a través da innovación, a investigación e o emprendemento.

Así mesmo explicou que desde a Consellería se quere fomentar a internacionalización da FP a través da introdución dun módulo profesional en inglés técnico de ámbito autonómico que se implantará o vindeiro curso en todos os ciclos de nova titulación, así como da extensión a todos os ciclos da realización de actividades complementarias en inglés.

Ademais, lembrou que a creación do Centro Galego da Innovación da FP, en Ourense, coa misión de impulsar proxectos de innovación aplicada, novas contornas virtuais de simulación e a xeración de proxectos empresariais, contribuirá a crear sinerxías co sector produtivo e á transferencia de coñecemento dos centros educativos á industria.

Universidade

A transferencia de coñecemento á sociedade é tamén unha tarefa fundamental da universidade do século XXI. “Aínda queda moito traballo por diante –sinalou Pomar–, pero o modelo de universidade galega é xa pioneiro e referente en España”.

A este respecto a conselleira lembrou o compromiso do seu departamento co Sistema Universitario de Galicia (SUG) “e coa súa función catalizadora do tecido produtivo galego”, camiño no que xa se ten avanzado a través, por exemplo, da especialización dos campus. Non en balde, ademais dos dous campus de excelencia internacional (Campus Vida e Campus do Mar), xa están en fase avanzada de desenvolvemento os campus Auga (Ourense), Terra (Lugo) e Industrial (Ferrol) e continúase por este camiño cos campus da Cidadanía (Santiago), Innova e Campus da Sustentabilidade (A Coruña), Vigo Tecnolóxico (Vigo) e Crea (Pontevedra).

En calquera caso Pomar quixo destacar como a aposta máis firme da Consellería neste eido a do reforzo da investigación universitaria. “Conscientes de que o talento atrae talento, estamos preparando un Plan de Captación e Retención de Talento Investigador que prevé financiamento autonómico para a contratación por parte das universidades de máis persoal investigador”. O plan terá dúas modalidades, a de investigador Distinguido e a de investigador Sénior, e lanzarase no primeiro semestre deste ano. Deste xeito crearase un entorno favorable á investigación excelente “que atraerá e recuperará talento en beneficio da nosa sociedade”.

A conselleira rematou a súa intervención facendo fincapé na tarefa conxunta de toda a sociedade de contribuír á educación dos cidadáns de Galicia do século XXI. Un camiño que é a base das sociedades máis libres, equitativas, solidarias e tolerantes e no que “non podemos permitirnos o luxo de deixar a ninguén detrás”.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Carmen Pomar salienta o legado de Ventura Figueroa a través de bolsas que facilitan o acceso á educación

Xov, 14/02/2019 - 14:53
Idioma GallegoSummary: A conselleira presidiu a entrega dos diplomas ás persoas que obtiveron as axudas da Fundación que leva o nome deste político e clérigoDezaoito persoas acceden a axudas para o inicio e continuación de estudos superiores

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu esta tarde a entrega dos diplomas acreditativos ás persoas seleccionadas para obter as axudas ao estudo da Fundación Ventura Figueroa, unha das fundacións con fins educativos máis antigas de Europa en funcionamento.

Segundo indicou Pomar, estas bolsas constitúen “unha medida para apoiar e premiar os valores que representan os bolseiros, os do compromiso, espírito de sacrificio, e a dedicación que guía os vosos estudos”. A conselleira quixo destacar tamén a figura de Manuel Ventura Figueroa, que decidiu deixar en herdanza aos seus descendentes a oportunidade de educarse.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que estas axudas foron recibidas por moitos nomes ilustres como Bouza Brey, Cunqueiro ou Filgueira Valverde e sinalou que o seu obxectivo é facer “permanecer na memoria o espírito do mellor figueroismo, que nos indica que o camiño é a confianza nas ideas e na formación. Neste sentido recalcou a determinación da Consellería e da propia Fundación de “considerar a educación como un dos piares básicos da nosa sociedade e como a ferramenta básica para cambiar o mundo”.

No acto participaron tamén o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén.

Bolseiros

A Fundación Ventura Figueroa convoca cada ano axudas ao estudo divididas en tres modalidades. A meirande parte son para o inicio ou continuación dos estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico e outras ensinanzas superiores, cun importe de 1.300 euros por persoa. As outras dúas modalidades van dirixidas ao inicio ou continuación dos estudos oficiais de máster universitario (2.600 euros) e ao inicio ou continuación dos estudos universitarios conducentes ao título de doutor ou doutora (3.900 euros).

Nesta ocasión a fundación decidiu conceder 17 axudas da primeira modalidade, en concreto a María Landín Lariño, David Pachego Rodríguez, Carolina Lloret González, Belén García Silva, Guillermo Landín Lariño, Pablo Area Paz-Andrade, Ramón Lens González, Juan Rafael Lens González, María Caridad Martínez Portabales, Ana Pastrana Barral, Sara Rodríguez Reboredo, María Doiro Lora, David Rivadulla Tilve, Antonio Touriño Pardo, Mateo Daniel Cao Sande, Adrián Lloret González e Uxía María Vázquez Touceda.  Ademais outorgouse unha bolsa para cursar estudos de máster oficiais a Pablo Boullosa García.

Ademais da traxectoria académica e a renda familiar, para acceder a estas bolsas é necesario demostrar algún grao de parentesco con Manuel Ventura Figueroa, de acordo co espírito que guiou a creación destas axudas.

Información xeralBolsasConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións informáticas e soldadura

Xov, 14/02/2019 - 05:17
Idioma Gallego

Resolución do 13 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades de francés (590010), música (590016), análise e química industrial (590102), informática (590107), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112); e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos (591205), sistemas e aplicacións informáticas (591227), soldadura (591228).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
     
File:  Resolución do 13 de febreiro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritos Corrección de erros da Resolución do 13 de febreiro de 2019Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

Carmen Pomar celebra co alumnado do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba) o Día Mundial da Radio

Mér, 13/02/2019 - 08:22
Summary: A conselleira salientou a implicación do alumnado e profesorado deste centro por converter a súa biblioteca escolar nun espazo activo de aprendizaxe e un piar esencial no desenvolvemento do seu proxecto educativo Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, en Santa Comba, onde se levaron a cabo actividades específicas con motivo da celebración do Día Mundial da Radio, e onde os propios alumnos exerceron de guía para a conselleira, que visitou as aulas, a biblioteca e o espazo de radio.

O CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña é un dos 50 centros de toda Galicia que contan cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio impulsado pola Consellería de Educación. O centro sumouse a esta iniciativa que arrancou como experiencia piloto no curso 2017/18 e que agora se afianza neste curso.

A conselleira Carmen Pomar salientou a importancia deste programa que sitúa as bibliotecas escolares como espazos clave de aprendizaxe e mellora das competencias lectoras, lingüísticas e comunicacionais dos rapaces, ao tempo que axudan tamén a fomentar o traballo en equipo.

Nesta liña, subliñou a implicación do conxunto da comunidade educativa deste centro -tanto do profesorado coma do alumnado e incluso das propias familias- por facer da súa biblioteca escolar un piar esencial do seu proxecto educativo; e que tamén é un referente formativo para o resto dos docentes, xa que colabora coa rede de formación do profesorado no ámbito das bibliotecas escolares, traballo por proxectos e biblioteca creativa.

O Pepe de Xan Baña foi un dos centros pioneiros en sumarse ás distintas iniciativas no eido das bibliotecas impulsadas pola Consellería de Educación. De feito, foi dos primeiros incluídos no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE), no que leva integrado desde hai case tres lustros, así coma na acción Biblioteca Creativa (desde a primeira convocatoria no curso 2015-16), no Radio na Biblio xa mencionado,  e no “Escornabots na biblioteca escolar”, para a introdución dos robots e da linguaxe de programación desde as propias bibliotecas.

Froito deste traballo e dedicación, acaparou os premios das últimas tres edicións dos “Traballos por proxectos”, uns galardóns cos que cada ano a Consellería busca recoñecer e estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas interdisciplinarias ou de investigación nos espazos das bibliotecas escolares.

Radio Fuco

Unha das actividades máis salientables do centro é a súa emisora Radio Fuco, á que hoxe foi convidada a conselleira, que foi entrevistada polos alumnos do centro. Radio Fuco creouse precisamente ao abeiro da iniciativa Radio na Biblio e hoxe é un espazo afianzado con programación específica sobre recomendacións lectoras, produción e dramatización de contos, espazos divulgativos sobre a contorna do propio centro, e unha sección dedicada a poesía e violíns, entre outros.

Información xeralEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

Educación terá lista para o inicio do curso 2019/2020 a ampliación do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas)

Mar, 12/02/2019 - 07:40
Summary: Carmen Pomar visitou esta mañá o centro, así como o CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos)Cun investimento superior aos 520.000 euros, a actuación permitirá dotar o centro dun novo patio cuberto e de máis espazos para a atención á diversidade, así como de nova biblioteca e aula de usos múltiples Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anunciou hoxe que o seu departamento prevé rematar para o inicio do curso 2019/2020 a obra de ampliación do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, na localidade coruñesa de Cabanas. Durante unha visita a este centro, explicou que esta actuación permitirá dotalo dun novo patio cuberto e de máis espazos para a atención á diversidade do alumnado.

Cun investimento superior aos 520.000 euros, o proxecto contempla tanto accións de remodelación no interior da edificación existente como a ampliación da mesma para xerar novos espazos, como unha sala de usos múltiples e un patio cuberto de máis de 130 m². O novo edificio sitúase nun módulo anexo pola parte posterior do CEIP.

A nova biblioteca do centro situarase na que ata o momento era a zona de xogos cuberta, espazo que tamén se empregará para comunicar os dous edificios. Ademais, na edificación actual modificarase o lugar que ocupan os aseos do alumnado no andar baixo e crearanse espazos para Orientación e desdobramentos. Todos os andares estarán comunicados a través dun núcleo de escaleiras e dun ascensor de nova instalación, que se complementa cunha rampla de comunicación co patio cuberto.

Esta ampliación eleva o investimento da Consellería desde 2009 neste centro educativo –o único do concello– a arredor de 700.000 euros. Cómpre salientar que o CEIP ademais de ser plurilingüe e contar a maiores con sección bilingüe, participa este curso en dúas liñas dos contratos-programa. Conta, así mesmo, cunha biblioteca moi activa que forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) e que desenvolve iniciativas de aprendizaxe por proxectos.

CEIP Francisco Vales Villamarín

Carmen Pomar visitou esta mañá tamén o CEIP Francisco Vales Villamarín, no que a Consellería investiu o pasado ano arredor de 488.000 euros en obras de eficiencia enerxética e funcional, que foron cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Feder.

A actuación consistiu no illamento da fachada polo exterior mediante un sistema de envolvente continua e na substitución das ventás por outras de aluminio de primeira calidade, con rotura de ponte térmica e acristalamento dobre con cámara de aire. Ademais renováronse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética LED e pintouse o interior do mesmo segundo o estudo cromático elaborado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Previamente ás obras, o edificio tiña unha cualificación enerxética G en consumo de enerxía primaria non renovable e F en emisións de dióxido de carbono. Trala intervención realizada, o edificio pasou a obter unhas cualificacións de E e D, respectivamente.

Carmen Pomar lembrou que desde o 2009 o departamento educativo da Xunta de Galicia leva investidos preto de 3,8 millóns de euros neste centro en obras, das que destacou a devandita rehabilitación e a construción do novo aulario de infantil.

A conselleira quixo salientar tamén o labor da comunidade educativa, coa participación en diversas accións máis aló do currículo escolar. Non en balde, o CEIP Francisco Vales Villamarín desenvolve tamén este curso dúas liñas dos contratos-programa, ademais da iniciativa Introdución da Robótica en Primaria. Así mesmo, forma parte do Plambe, do programa de libro dixital E-Dixgal e participa, entre outras iniciativas, en varios programas do Plan Proxecta.

Nas visitas desta mañá a conselleira estivo acompañada polo delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, polo xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana, e polos alcaldes de Cabanas e de Betanzos, Germán Castrillón e María Barral, respectivamente.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros

Carmen Pomar destaca o traballo das mulleres científicas como exemplo para espertar as vocacións entre as nenas e mozas

Lun, 11/02/2019 - 08:05
Summary: A Xunta destinou desde 2009 arredor de 500 millóns de euros á I+D+i universitaria, o que converte ás tres Universidades galegas no maior axente de investigación da nosa comunidadeGalicia está no grupo das seis CCAA que máis invisten en I+D en ensino superior tanto en gasto total coma de persoal Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación, Carmen Pomar, mantivo hoxe unha reunión de traballo cun grupo de investigadoras galegas para afondar na sobre a situación da ciencia e o labor que exercer as mulleres científicas.

Co gallo do día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Carmen Pomar salientou a importancia de aproveitar este tipo de efemérides para visualizar o traballo diario que levan a cabo as mulleres investigadoras, que cada vez xogan un papel máis relevante no eido profesional e universitario, integradas -e tamén liderando- equipos científicos de referencia.

Segundo a conselleira, para acadar con éxito este estadio máis alto na investigación e rachar cos teitos de cristal que a día de hoxe existen, é imprescindible impulsar e promover a formación e a preparación desde as idades máis temperás. A este reto responde a estratexia Edudixital 2020, que ten en marcha a Consellería de Educación co fin de impulsar as competencias STEM e o pensamento científico entre os escolares e, cun especial fincapé en rachar coa fenda de xénero neste campo.

A modo de exemplo, un total de 15 centros educativos implantaron por primeira vez en Galicia o Bacharelato de Excelencia en ciencias e tecnoloxía, STEMBach, onde o número de mozos e mozas matriculados é practicamente o mesmo. Polo tanto, a aposta pola formación a idades temperás é a chave para que as estudantes de ciencias de hoxe sexan as investigadoras do futuro, tal e como sinalou a conselleira.

Tamén aludiu á existencia duns premios específicos destinados á muller científica, os María Josefa Wonenburguer Planells, (que outorga a Xunta), e lembrou que a Consellería de Educación este mesmo ano vai lanzar un Plan de Captación e Retención do Talento Investigador para garantir a continuidade de carreiras científicas xa consolidadas.

Así mesmo, nas  convocatorias de axudas, a Consellería ten en consideración o liderado das mulleres nas propostas presentadas, co fin de contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no sistema galego de I+D+i.

Cómpre lembrar que a Xunta leva mobilizados arredor de 500 millóns de euros desde o ano 2009 en apoio á I+D+i nas universidades, que a día de hoxe son o maior axente investigador da nosa comunidade, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo.

Ademais, segundo o último informe do Ministerio de Educación, Galicia sitúase no grupo das seis CCAA que máis invisten en I+D no ensino superior tanto no que se refire a gasto interno total como en gasto de persoal.

A xuntanza tivo lugar no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, e nela participaron Victoria Otero, vicerreitora de Titulacións da USC; María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC; Dolores Pérez Meirás, directora adxunta do Centro Singular de Investigación en Química Bioloxíca e Materiais Moleculares, CiQUS; Elena Vázquez Cendón, decana da facultade de Matemáticas; Carmen Fernández Morante, decana da facultade de Educación, María Giménez López, investigadora ERC-Starting Grant do CiQUS e Mercedes Brea, catedrática de Filoloxía Románica da USC.

O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e das nenas na ciencia.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado para o curso 2019/2020

Lun, 11/02/2019 - 04:30
Idioma Gallego

Publicado o Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado para o curso 2019/2020.

Día: 27 de febreiro de 2019
Hora: 10: 30 horas
Lugar: Sala de Xuntas B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 2, 1º andar, Santiago de Compostela.
 

Anuncio principal: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: AlumnadoFamiliasCentros

Educación convoca as probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais

Dom, 10/02/2019 - 04:00
Summary: Este curso haberá dúas convocatorias, unha primeira cuxo prazo de inscrición se abre o luns 18, e unha segunda que será en xullo Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais. Este ano o procedemento articúlase en dúas convocatorias independentes, unha primeira cuxo prazo de inscrición será do 18 de febreiro ata o 1 de marzo, e unha segunda convocatoria que se abrirá en xullo.

Tal como se pode consultar no DOG, as especialidades obxecto de exame nesta primeira convocatoria serán os carnés profesionais de operador/a de guindastre torre e de guindastre móbil autopropulsado categoría B; e a habilitación profesional de operador/a industrial de caldeiras.

As probas da segunda convocatoria (con prazo de presentación de solicitudes entre o 1 e o 12 de xullo) inclúen, ademais das modalidades da primeira convocatoria, as probas para a obtención dos carnes profesionais de operador/a de guindastre móbil autopropulsado categoría A e instalacións térmicas de edificios; e as habilitacións profesionais de instalador/a de gas (categorías A, B e C), de produtos petrolíferos líquidos (categorías I, II e III), e manipulador/a de equipamentos e de transporte refrixerado de mercadorías de refrixerantes conxelados.

No que respecta aos exames, os da primeira convocatoria non se realizarán antes do 15 de abril deste ano, e os da segunda convocatoria non serán antes do 30 de setembro deste 2019.

Poden optar a estas probas todas aquelas persoas que estean en idade legal laboral ou teñan cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente; e cumprir cos requisitos específicos que se estableza na normativa para cada especialidade.

As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia no enderezo electrónico https://sede.xuntal.gal e na páxina http://edu.xunta.es/fp.

Información xeralFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalAlumnado

Os contratos-programa chegan a 572 centros educativos, un 21% máis ca o curso pasado

Sáb, 09/02/2019 - 04:00
Summary: A liña máis demandada é a de Mellora das competencias clave, seguida da de Reforzo, orientación e apoio A Consellería atendeu todas as demandas de profesorado adicional para desenvolver estas iniciativas Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros seleccionados con contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2018/19. Serán en total 572 centros os que desenvolvan 1.623 accións nalgunha das 7 liñas de actuación dos contratos-programas.

O número de centros implicados increméntase deste xeito nun 21% fronte aos 473 participantes o curso pasado nesta acción. Aínda así, a Consellería atenderá todas as demandas de profesorado externo adicional para desenvolver estas iniciativas, contratando 295 profesores e profesoras. No referido aos docentes dos propios centros que se implican no desenvolvemento destas accións, serán 374 en toda Galicia.

Segundo as estimacións, os contratos-programa chegarán este curso académico a 351.817 alumnas e alumnos. Canto ao investimento, a Consellería destinou a estes contratos-programa un total de 5.742.683,5 €. A resolución definitiva pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia.

Liñas de actuación

A través de sete liñas de traballo concretas os contratos-programa inciden en ámbitos de actuación como a identificación de dificultades de aprendizaxe e articulación de respostas axeitadas, o fomento dun bo clima na aula e no centro que favoreza o proceso de ensino e aprendizaxe, a atención educativa aos colectivos vulnerables, a adquisición de competencias clave, o fomento da igualdade e a coeducación, a participación das familias ou a mellora da xestión dos centros, entre outros.

A primeira liña, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Pola súa banda, a liña 2 céntrase nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. O desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

A liña 3, de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, inclúe todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa; mentres que a liña 4 se centra na prevención do abandono educativo temperán e do absentismo escolar.

A quinta liña está orientada a mellorar o nivel de coñecementos do alumnado para acadar a excelencia. Trátase dunha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado. Pola súa banda, a sexta liña está conformada por un conxunto de medidas ou actividades destinadas a mellorar a xestión dos centros educativos a partir da reflexión e a toma de decisións baseadas na avaliación dos procedementos que se desenvolven neles.

Finalmente, a sétima liña de actuación ten por obxectivo o reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica como modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo. O desenvolvemento desta actuación supón a creación de grupos de reforzo da competencia matemática, da competencia en comunicación lingüística e/ou das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. En todo caso, priorizarase a competencia matemática.

Contratos-programaEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

Apertura de listas para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no nivel de infantil e primaria

Ven, 08/02/2019 - 09:40
Idioma Gallego

Resolución do 8 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no nivel de infantil e primaria nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

  • O prazo para formular solicitudes será de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo
     
File:  Resolución do 8 de febreiro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

Educación investirá máis de 1 millón de euros na ampliación do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis)

Ven, 08/02/2019 - 07:06
Summary: Carmen Pomar visitou hoxe o centro e o CPI Plurilingüe Alfonso VII, onde se realizou unha obra de eficiencia enerxéticaA actuación permitirá darlle resposta ao incremento de matrícula neste institutoO centro forma parte, así mesmo, do programa Piteas, de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento. Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto licitar o proxecto  de ampliación do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis) en canto o Concello poña a disposición os terreos para levar a cabo a ampliación, unha actuación na que se vai investir máis de 1 millón de euros.

Nunha visita a este centro a conselleira explicou que esta mellora vai permitir ampliar as instalacións para atender ao incremento de alumnado en ESO e sobre todo en Bacharelato. Ademais estudarase a posibilidade de implantar a FP Básica en función da demanda existente no concello. A obra consistirá na ampliación para aulas polivalentes de ESO e BAC e na ampliación de aula de música, de debuxo e do salón de actos.

Con esta ampliación o investimento da Consellería en melloras das infraestruturas educativas de Caldas de Reis desde 2009 elevarase a case 2 millóns de euros. De feito a conselleira visitou tamén esta mañá o CPI Plurilingüe Alfonso VII, na mesma localidade, onde o seu departamento realizou en 2018 unha obra para mellorar a eficiencia enerxética por un importe de adxudicación de case 550.000€.

A actuación -que estivo cofinanciada con fondos FEDER-  consistiu na renovación das actuais ventás por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, así como en mudar as luminarias existentes por equipos de alta eficiencia enerxética e illar a fachada mediante inxección en cámara. Así mesmo, renováronse as persianas e as súas caixas. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 29%.

Na súa visita Carmen Pomar interesouse polos diferentes programas que desenvolven estes centros. Neste sentido cómpre destacar que todos os centros educativos de Caldas son plurilingües, que o CPI conta ademais con sección bilingüe e o IES participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). Ademais, o Alfonso VII participa no proxecto de libro dixital E-Dixgal. Ademais, tanto o CPI como o IES desenvolverán este ano contratos-programas, no caso do instituto ata en 5 liñas de actuación diferentes.

A conselleira estivo acompañada polo alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

Visita a Cuntis

A conselleira visitou tamén esta mañá o CPI Aurelio Rey García, na localidade pontevedresa de Cuntis, acompañada polo alcalde, Manuel Campos, onde comprobou o resultado das obras de reparación dos danos ocasionados recentemente por unha avaría na subministración de auga. 

Carmen Pomar aproveitou para felicitar a comunidade educativa polo seu traballo para facer deste un centro especialmente activo. Non en balde, este curso desenvolverá 6 iniciativas diferentes no marco dos contratos-programa, participa en varias accións do Plan Proxecta e conta con seccións bilingües. Ademais, desde o curso 2017/18 o CPI forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, así como do programa de Introdución da Robótica en Primaria.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros

Publicación do baremo provisional e da relación provisional de excluídos de filosofía (590001) e de patronaxe e confección (591217)

Xov, 07/02/2019 - 08:43
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección

Resolución do 7 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía (590001) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de patronaxe e confección (591217).

  • Prazo para formular reclamacións de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.

     

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: Boletín

Relación definitiva de persoas seleccionadas e non seleccionadas, relación de persoas excluídas definitivas e baremo definitivo das listas de dramaturxia

Mér, 06/02/2019 - 10:37
Idioma Gallego

Resolución do 5 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas seleccionadas e non seleccionadas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade dramaturxia (594446).
 

Anuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de dramaturxia (594446)Tema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de arte dramáticaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado

Centros admitidos e excluídos da convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Mér, 06/02/2019 - 04:57
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se publican os centros admitidos e excluídos da convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

  • O prazo para presentar as curtas a este certame rematará o 30 de abril de 2019.
     
Tema: Premios autonómicosLingua galegaEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín

Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460)

Mér, 06/02/2019 - 03:56
Idioma Gallego

Resolución do 4 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución neste  portal educativo.
     
File:  Resolución do 4 de febreiro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín