News aggregator

Resolución do VI Concurso de traballos por proxectos da convocatoria 2018/2019

Consellería de Educación - Mér, 20/11/2019 - 08:43
Idioma Gallego

Segundo Resolución do 20 de novembro de 2019, publícase a relación de centros que resultan galardoados no VI Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, correspondente a traballos realizados durante o curso 2018/2019. En vista de que algunhas sub-modalidades ficaron desertas, seleccionáronse máis proxectos dos previstos nas modalidades con maior participación, tal e como se recolle na resolución da convocatoria deste certame. Os traballos seleccionados serán difundidos a través da web de Bibliotecas Escolares de Galicia.
 

Anuncio principal: VI Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2018/2019Tema: Premios autonómicosPlan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentros

Corrección de erros da listaxe das persoas investigadoras que van realizar una estadía de investigación de 3 meses no ano 2020 financiada ao abeiro da convocatoria de axudas predoutorais do ano 2019

Consellería de Educación - Mér, 20/11/2019 - 06:16
Idioma Gallego

Advertido un erro na relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG número 21, do 30 de xaneiro de 2019), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, publicada o día 15 de novembro de 2019, procédese a corrixir este erro.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado

Resolución do 20 de novembro de 2019 de avaliación da fase de estadía das axudas posdoutorais, modalidade A, da convocatoria de 2017

Consellería de Educación - Mér, 20/11/2019 - 06:06
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que se informa favorablemente a fase de estadía de Ayelén Melisa Blanco Imperiali, segundo o disposto na Orde conxunta da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2017Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado

Anuncio polo que se invita ás universidades do SUG para a aprobación de declaración de interese para a posta en marcha de programas de estudos de graos abertos no curso académico 2020/2021

Consellería de Educación - Mér, 20/11/2019 - 05:18
Idioma Gallego

Xúntase o Anuncio de 20 de novembro de 2019 polo que se invita ás universidades do SUG para a aprobación de declaración de interese para a posta en marcha de programas de estudos de graos abertos no curso académico 2020/2021.

  • As universidades do SUG poderán presentar as súas manifestacións de interese para poñer en marcha programas de estudos de graos abertos no curso académico 2020-2021, ata o día 31 de xaneiro de 2020.
     

 

File:  Anuncio de 20 de novembro de 2019 Tema: Información xeralAcceso á universidadeEscolarizaciónEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Servizo de Coordinación do Sistema UniversitarioColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para o exercicio 2019

Consellería de Educación - Mér, 20/11/2019 - 05:12
Idioma Gallego

En relación coas solicitudes de axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no maroc do programa operativo Feder Galicia2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 182, do 25 de setembro de 2019) a Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co artigo 11 da citada Orde, publica a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal) e require as entidades solicitantes, para que nun prazo de dez días naturais (é dicir, do 21 ao 30 de novembro de 2019, ambos incluídos), formulen reclamacións para emendar erros e/ou a falta de documentos dos centros interesados ante a Secretaría Xeral de Universidades, e acheguen a documentación necesaria.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.
 

Anuncio principal: Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para o exercicio 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: ProfesoradoCentros

Carmen Pomar defende a educación viaria como parte da formación en valores do alumnado dentro e fóra das aulas

Consellería de Educación - Mar, 19/11/2019 - 09:13
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou na clausura das IV Xornadas de Educación Viaria organizadas pola Fundación CNAE Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na clausura da IV Xornada de Educación Viaria organizada pola Fundación CNAE, onde sinalou que a educación “é a base de todos os cambios sociais” e, neste eido, a escola “presta un servizo esencial na educación da persoa” que se ve reforzado coa implicación do conxunto da comunidade educativa.

Segundo Pomar, os centros educativos son espazos axeitados para fomentar a educación viaria e as actitudes de respecto que inciden na prevención de accidentes de tráfico, pero “para lograr o tan preciso cambio” requírese do conxunto da comunidade educativa.

“O obxectivo común que compartimos -especificou a conselleira- pasa por consolidar e mellorar accións destinadas ao desenvolvemento da educación viaria no ámbito educativo, para que os labores de prevención incidan sobre a minoración das graves consecuencias que produce a accidentalidade viaria”.

En Galicia a educación viaria como ámbito específico da formación en valores é unha materia transversal presente no ensino obrigatorio e recollida na lexislación orgánica de educación xunto cos distintos valores cívicos. A maiores desa transversalidade presente nas diferentes liñas de traballo en todas as etapas educativas, en Galicia, a Consellería de Educación oferta en Secundaria como materia de libre configuración autonómica “Mobilidade escolar sostible e segura” co fin de formar ao alumnado en todos os aspectos relacionados coa mobilidade.

Ademais, desde o departamento de Educación do Goberno galego mantéñense liñas de colaboración con distintos organismos como a Dirección Xeral de Tráfico ou a Fundación RACC no que atinxe á formación do profesorado, iniciativas específicas dentro do Plan Proxecta ou experiencias concretas en centros educativos.

Información xeralXornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de Artes plásticas e deseño, especialidades de deseño gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos

Consellería de Educación - Mar, 19/11/2019 - 08:55
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas para impartir docencia no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño Gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos

Resolución do 19 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interi nidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño gráfico (512), fotografía (515), historia da arte (516), medios audiovisuais (521) e medios informáticos (522).

  • Prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación para formular reclamacións
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

Educación abre mañá o proceso para a implantación de graos abertos nas universidades galegas o vindeiro curso 2020-21

Consellería de Educación - Mar, 19/11/2019 - 06:50
Summary: A Conselleira de Educación achegouse ao Campus de Lugo, onde visitou a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, onde se imparte o Grao de RobóticaCarmen Pomar anunciou que as tres universidades do SUG teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para presentar as propostasSubliñou que esta iniciativa impulsada polo seu departamento amplía as posibilidades de elección do estudantado ao tempo que busca reducir as taxas de abandono e cambio de estudos universitarios nos primeiros anosA Consellería leva investidos uns 3,9 M€ no Campus Terra desde que se puxo en marcha en 2015 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre mañá, coa publicación do anuncio no seu portal web, o proceso para a implantación de graos universitarios abertos o vindeiro curso 2020-21 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG).

Así o anunciou esta mañá en Lugo a conselleira de Educación, Carmen Pomar, con motivo dunha visita á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus de Lugo onde se imparte o Grao de Robótica; e onde estivo acompañada da vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

 Pomar sinalou que as universidades dispoñen de prazo desde mañá ata o 31 de xaneiro para facerlle chegar as súas propostas á Consellería, concretamente á Secretaría Xeral de Universidades, que será o órgano encargado de avalialas para a súa aprobación e elevación á Conferencia General de Política Universitaria.

Con esta iniciativa novidosa en Galicia, a Consellería de Educación busca por unha banda incrementar a flexibilidade nos estudos universitarios e ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria. “Damos un importante e novidoso paso ao servizo das nosas universitarias e universitarios, xa que no vindeiro curso van ten a posibilidade de cursar durante un tempo unha titulación combinada antes de escoller a que consideren que mellor responde aos seus intereses”, sinalou Carmen Pomar. 

A conselleira explicou que cando un alumno accede á universidade, en moitas ocasións ten dúbidas sobre o contido exacto do título escollido, as competencias profesionais que lle vai proporcionar ou as saídas laborais. De feito os datos a nivel estatal sinalan que un de cada tres universitarios abandona o grao no que se matricula nos dous primeiros cursos, ben porque deixa a universidade, ben porque cambia de grao. Precisamente para atallar esta dinámica e garantir que os estudantes dispoñan da máxima información posible á hora de elixir estudos, o Goberno galego pon en marcha esta iniciativa de graos abertos que vai redundar nun beneficio para o conxunto da universidade universitaria.

Proceso e requisitos de implantación de graos abertos

Entre os requisitos que deben cumprir as propostas presentadas está que cada programa de grao aberto debe combinar materias de como mínimo tres graos que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grao aberto será dun máximo de 25.

As universidades deberán garantir que o alumnado matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.

Para acceder aos graos abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa (como referencia empregaranse as notas de corte desas titulacións no presente curso académico 2019-20).

Na proposta que deben facer chegar as universidades á Secretaría Xeral de Universidades deberá figurar a denominación do grao aberto, a rama de coñecemento, os centros responsables da impartición das materias do programa, a duración do programa, os requisitos de acceso, o número de prazas ofertadas e de créditos nos que debe matricularse o alumno, e o número de créditos mínimo que deben superarse para a admisión no grao finalmente elixido, entre outros.

Investimentos e aposta pola especialización no Campus Terra

Na súa visita á Escola de Enxeñaría, a conselleira de Educación tivo ocasión de comprobar a boa marcha do Grao de Robótica, a nova titulación que se implantou este curso no Campus de Lugo e que contou cunha moi boa acollida por parte do alumnado xa que se se cubriron as 50 prazas ofertadas.

Así mesmo Carmen Pomar salientou o apoio da Xunta de Galicia aos campus universitarios non centrais como o Campus Terra de Lugo, no que a Consellería de Educación leva investidos uns 3,9 millóns de euros desde que se puxo en marcha en 2015, incluídos os 700.000 euros entre este e o próximo ano e que permiten, entre outras cousas, a adecuación e a dotación de equipamentos dos laboratorios do Grao de Robótica, modelos de simulación para a Facultade de Veterinaria, axudas ao Rof Codina e Asesoría para o Campus de Especialización.

Precisamente a este respecto a conselleira lembrou que nestes momentos está aberto o procedemento para a acreditación dos campus de especialización, unha aposta da Consellería polo impulso da investigación universitaria e a mellora da calidade da docencia.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/2020

Consellería de Educación - Lun, 18/11/2019 - 08:56
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/2020.

  • Prazo de reclamación: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no portal educativo.
     
Anuncio principal: Axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/2020Tema: Alumnado con necesidade específica de apoio educativoBolsasCentros concertadosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: Centros

Educación reforza con 64 M€ o apoio á investigación científica universitaria en 2020, un 4,3% máis que no presente exercicio

Consellería de Educación - Sáb, 16/11/2019 - 07:00
Summary: Pomar achegouse ao CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) con motivo da xornada de portas abertas para a divulgación científica A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional agradeceu a importancia de iniciativas coma esta para achegarlle á poboación o labor que realizan os axentes científicos máis importantes de Galicia; ao tempo que ratificou a aposta do seu departamento por afianzar un sistema galego de investigación universitario forte e competitivo no eido nacional e internacionalAs universidades galegas recibirán o vindeiro ano arredor de 441 millóns de euros en transferencias directas, o maior importe dos últimos anos, xa que representa un 18% máis que en 2015 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, reforza a investigación universitaria galega para o vindeiro ano 2020 cunha dotación orzamentaria de 64 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,3% con respecto á partida establecida no presente exercicio. Esta partida específica forma parte dos arredor de 441 millóns de euros en transferencias directas ao Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o vindeiro ano, o maior importe previsto  nos últimos anos xa que representa un crecemento do 18% con respecto a 2015.

Así o sinalou esta mañá a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na súa visita ao CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) da Universidade de Santiago de Compostela con motivo dunha xornada de portas abertas que ten como obxectivo mostrar ao público en xeral -e aos máis pequenos en particular- o labor científico que se leva a cabo nestes centros. A conselleira estivo acompañada do reitor da USC, Antonio López.

Deste xeito, a través de diversas actividades como obradoiros de robótica, visitas a laboratorios, experimentos ou demostracións de química, física ou biomedicina entre outros, os cidadáns poden coñecer máis de cerca o traballo diario que realizan os científicos e investigadores e a súa aplicación práctica. Trátase dunha iniciativa organizada pola Rede de Centros Singulares de Investigación da USC que aglutina ao mencionado CiTIUS, o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), o CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) e o IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías).

A conselleira de Educación agradeceu a importancia de iniciativas coma esta para achegarlle á poboación o labor que realizan os axentes científicos máis importantes de Galicia; ao tempo que ratificou a aposta do seu departamento por afianzar un sistema galego de investigación universitario forte e competitivo no eido nacional e internacional.

Pomar incidiu no obxectivo de avanzar nunha estrutura de investigación universitaria máis sólida e competitiva no eido internacional, que repercuta nunha maior atracción de talento por parte das Universidades galegas así como na mellora do seu posicionamento nos ránkings universitarios

Precisamente unha das accións máis importantes neste eido é a reestruturación e reforzo dos Centros de Investigación do SUG, para o cal a Consellería de Educación ten habilitado unha liña de axudas dotada con 20,5 millóns de euros para o período 2019-2022.

Esta convocatoria suporá un salto cuantitativo e cualitativo no impulso dos maiores axentes científicos de Galicia que son os cinco Centros Singulares de Investigación (CiTIC na UDC, CiMUS, e CiQUS na USC; e ECIMAT e CIMBIO na UVigo) e dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (CiTIUS da USC e AtlanTIC da UVigo), ademais do IGFAE (centro mixto Xunta-USC, único de Galicia que conta coa acreditación María de Maeztu do Estado).

Deste xeito, a partires de agora haberá unha única escala de Centros de Investigación, que recibirán entre un máximo de 1 millón de euros e un mínimo de 500.000 euros en función da cualificación obtida por parte dun comité de expertos científicos segundo estándares estatais e europeos de avaliación.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado

Un total de 178 centros de ensino públicos participan este curso no programa ‘Introdución da robótica en primaria’

Consellería de Educación - Ven, 15/11/2019 - 08:38
Summary: A Consellería de Educación vén de incorporar 25 centros a esta iniciativaCada colexio participante conta cun kit de material que lle permite iniciarse na programación básica, robótica e construción Idioma Gallego

Un total de 178 centros de ensino públicos de toda Galicia desenvolverán este curso o programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. Para continuar ampliando a participación dos colexios nesta iniciativa, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de incorporar neste curso 2019/20 un total 25 centros docentes públicos ao programa.  A relación de novos centros pode consultarse na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

A Coruña

CEIP José Cornide Saavedra

A Coruña

Ames

CEIP Agro do Muíño

A Coruña

Camariñas

CEIP O Areal

A Coruña

Carballo

CEIP Bergantiños

A Coruña

Culleredo

CEIP Isaac Díaz Pardo

A Coruña

Culleredo

CEIP Vila de Rutis

A Coruña

Fene

CPI A Xunqueira

A Coruña

Ferrol

CEIP Recimil

A Coruña

Moeche

CEIP de San Ramón

A Coruña

Narón

CRA de Narón

A Coruña

Oleiros

CEIP Luís Seoane

A Coruña

Vedra

CPI Plurilingüe de Vedra

Lugo

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

Lugo

CEIP A Ponte

Ourense

Pobra de Trives, A

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Ourense

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Pontevedra

Moaña

CEIP Plurilingüe Domaio

Pontevedra

Mondariz

CPI de Mondariz

Pontevedra

Nigrán

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Pontevedra

Ponteareas

CEIP Fermín Bouza Brey

Pontevedra

Pontevedra

CEIP A Xunqueira Nº 1

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Pontevedra

Vigo

CEIP Virxe do Rocío

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

Pontevedra

Vigo

CEIP O Sello

 

Introdución á robótica educativa en primaria enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa desta consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o  proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, 6 kits de construción que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

Plans e actuacións en innovación educativa Educación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2019/2020. Resolución provisional

Consellería de Educación - Ven, 15/11/2019 - 08:30
Idioma Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 4 de outubro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Prazo de presentación de reclamacións: ata o 20 de novembro de 2019.

Tema: Información xeralProxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentros

Resolución definitiva de centros admitidos no programa Introdución á robótica educativa en primaria para o curso 2019/2020

Consellería de Educación - Ven, 15/11/2019 - 08:25
Idioma Gallego

Achégase a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.
 

Anuncio principal: Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentros

Relación das persoas investigadoras que van realizar una estadía de investigación de 3 meses no ano 2020 financiada ao abeiro da convocatoria de axudas predoutorais do ano 2019

Consellería de Educación - Ven, 15/11/2019 - 08:06
Idioma Gallego

De acordo co artigo 6.5 da Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG número 21, do 30 de xaneiro de 2019), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014- 2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral de Universidades publica a relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da citada orde de convocatoria. Así mesmo, publícase a relación de persoas que tiñan concedida unha estadía pero que non a van realizar polos motivos que se indican en cada caso.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado

Carmen Pomar salienta o papel das bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol da igualdade e inclusión nos centros

Consellería de Educación - Ven, 15/11/2019 - 05:39
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu a xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade” que reúne a profesionais e docentes para intercambiar experiencias e ofrecer un mellor servizo á comunidade educativaA Xunta destinará en 2020 máis de 2,5 millóns de euros aos diferentes programas de apoio ás bibliotecas escolares, que suman cada ano novos centros Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, puxo en valor o importante papel que desempeñan as bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol dunha maior igualdade, inclusión e atención á diversidade nos centros educativos na medida en que “dan cabida a todas e a todos, á discapacidade e ás altas capacidades, ao diverso en toda a súa gama de matices, cada quen cos seus ritmos, os seus intereses e as súas necesidades”.

Así o expresou con motivo da apertura da Xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade” que congrega en Santiago a profesionais vinculados á docencia para compartir experiencias e coñecementos e debater e afondar na posta en marcha de novas iniciativas que reforcen o traballo das bibliotecas escolares dentro dos propios centros educativos. 

En palabras da conselleira, ademais de estar ao servizo da mellora das competencias clave do alumnado, as bibliotecas escolares “son o motor das escolas ao converterse en centro creativo das aprendizaxes; na ferramenta máis futurista, pero tamén a máis ancorada nos saberes elementais: a comunicación, oral, a comprensión lectora, a capacidade para expresarse a través da palabra, a colaboración e a convivencia”. Consciente da relevancia deste espazo nos centros de ensino, a Xunta incrementa nos orzamentos de 2020 ata máis de 2,5 millóns de euros a partida destinada ás distintas accións vinculadas ás bibliotecas escolares.

Cómpre sinalar que os centros que se suman a estas accións medran cada ano. Así, neste curso preto de 700 centros de ensino se beneficiarán das axudas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), 28 deles de nova incorporación; 80 participan no programa Radio na Biblio, 30 máis que no curso anterior; e 79 en Biblioteca Creativa, 25 deles adheridos este ano.

Obradoiros e experiencias

Ademais de obradoiros e mesas de experiencias nas que participan responsables de bibliotecas escolares de Galicia así como poñentes e expertos de fóra da Comunidade Autónoma, nesta xornada abordáronse outros temas, como a adaptación de textos de lectura fácil, os recursos tecnolóxicos na atención á diversidade, a accesibilidade ás bibliotecas ou o proxecto Lecturas no Canmiño de lectura apoiada con cans para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Atención á diversidadeXornadasBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

A Comisión Escolar de Alertas mantén para mañá, venres 15, a suspensión da actividade lectiva nos centros da montaña de Lugo

Consellería de Educación - Xov, 14/11/2019 - 09:56
Summary: Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas, con espesores de neve superiores a 20 centímetros Idioma Gallego

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de manter para mañá, venres 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e alumnos de 15 centros .Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf  ).

 

 

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros

Alerta de nivel LARANXA por neve durante o día 15 de novembro na montaña de Lugo e amarelo na montaña de Ourense

Consellería de Educación - Xov, 14/11/2019 - 08:25
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante venres día 15.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 16.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.

Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. MANTENSE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLARnos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
  2. NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
  3. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas

Listaxe provisional de persoas candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019

Consellería de Educación - Xov, 14/11/2019 - 03:55
Idioma Gallego

Publicada a Listaxe provisional de persoas candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para a reclamación ou emenda das carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada. De non facelo, consideraranse como desistidos/as da súa petición. Poderase dirixir por correo electrónico ao enderezo xsere@edu.xunta.gal
     
Anuncio principal: Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019Tema: Premios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de danzaEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoEnsinanzas de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín

Resolución provisional dos centros seleccionados do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Consellería de Educación - Mér, 13/11/2019 - 10:43
Idioma GallegoAnuncio principal: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Xúntase a Resolución provisional do 13 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/19.
 

Tema: Atención á diversidadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Inclusión e Orientación EducativaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: Atención á diversidade e orientaciónBoletínPortada de boletín

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Consellería de Educación - Mér, 13/11/2019 - 09:01
Idioma Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2019/20.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Anuncio principal: Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Distribuir contido