Skip to Content

Plan proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, Donas de si

Plan proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Máis información sobre o plan proxecta na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Plan proxecta: Donas de si

Para rematar coas actividades do Plan Proxecta 2019-2020 no proxecto DONAS DE SI que fomos realizando ao longo deste curso escolar tan diferente e atípico, queremos mostrarvos o resultado final que, como xa fomos anunciando, consiste nun xogo de preguntas e respostas sobre diferentes mulleres galegas e non galegas que foron invisibilizadas e mesmo ocultadas ao longo da historia e que queremos, co noso humilde traballo, reivindicar.

O xogo denomínase “FORON ELAS”. Este curso fixemos 100 cartas.  O xogo non está concluído, xa que ao non estarmos na aula, quedaron aspectos sen facer como son máis cartas e as normas do xogo, mais comprometémonos a rematalo o vindeiro curso escolar.

Mostrámosvos algunhas fotografías das cartas e agardamos que sexan do voso agrado.

Plan proxecta: Donas de si

Durante o mes de xuño o alumnado da ESO do IES ILLA DE SARÓN estivo traballando sobre a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells 2007-2019. Desta volta, non só traballou o alumnado de 1º e 2º ESO senón que tamén os de 3º e 4º levaron a cabo diferentes traballos.

Esta exposición encádrase dentro do PLAN PROXECTA 2019-2020 Donas de si que levamos a cabo no centro educativo. Chegou ao noso instituto o día 9 de marzo cedida pola Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia, ao día seguinte levamos a cabo a montaxe da mesma no corredor da planta principal do instituto, mais coa suspensión das aulas presenciais o día 12 de marzo non puidemos desenvolver ningunha tarefa das que estaban planificadas, así que a nosa directora, Sara Jul, moi amablemente, nos fotografou todos e cada un dos paneis coa información correspondente que aproveitamos para elaborar os materiais cos que traballamos neste final de curso.

Esta extraordinaria exposición consta de 15 paneis explicativos sobre as diferentes mulleres científicas que foron homenaxeadas dende que en 2007  se creou este Premio que leva por título MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS. Unha muller galega, matemática e investigadora, pioneira e referente feminino a nivel internacional no ámbito científico, coa que se pretende visibilizar o traballo das mulleres na ciencia e incrementar a presenza feminina nos ámbitos científicos e tecnolóxicos.

Entre as actividades que desenvolveu a rapazada do ILLA DE SARÓN salientamos unha XINCANA DE PREGUNTAS, UN XOGO DE ACERTOS  e un PASAPALABRA sobre as diferentes mulleres investigadoras que foron homenaxeadas dende 2007 ata 2019.

Deixámosvos estas tres tarefas por se vos animades a participar. É moi interesante descubrir a todas estas mulleres galegas sobresaíntes no mundo científico.

Enlaces destes tres xogos:

Xincana:

 

 

XOGO DE ACERTOS:

PASAPALABRA:

Plan proxecta: Donas de si

Seguindo o traballo do Plan Proxecta 2019-2020 no proxecto DONAS DE SI que promove a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o alumnado do IES ILLA DE SARÓN, a pesar da pandemia da COVID-19 e do confinamento, seguiu investigando durante a 3ª avaliación sobre a vida e o labor profesional doutras mulleres senlleiras ao longo da historia que foron invisibilizadas e mesmo ocultadas. Paralelamente a esta investigación, o alumnado seguiu confeccionando preguntas para elaborar o xogo de preguntas “FORON ELAS”.

Mostramos algúns vídeos do alumnado que gravou nas súas casas e nos enviaron.

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Para finalizar, por este curso escolar, co traballo realizado dentro do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade e a modo de reflexión deixámosvos o BOOKTUBER que realizou a alumna de 3º ESO, Samara Martínez Cordido, despois de ler o libro O inferno de Marta de Pasqual Alapont e durante os difíciles días de confinamento a causa da pandemia que estamos a vivir.

Grazas, Samara!!

Plan proxecta: Donas de si

Seguimos repasando e adquirindo novos coñecementos sobre diferentes mulleres senlleiras ás que lles queremos dar a voz que noutrora lle arrebataron.

Para iso, e partindo do material didáctico, libros na súa maioría, que temos empregado na aula, elaboramos uns pasapalabras para que repasedes e aprendades cousas novas sobre diferentes mulleres galegas que cómpre ter moi en conta.

Deixámosvos os enlaces para que xoguedes un pouco.

A ver quen ten máis acertos ou os realiza en menos tempo. Moito ánimo!!!

Pasapalabra Mulleres Galegas 2