Skip to Content

Fotografías

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO ILLA DE SARÓN

O pasado martes 31 de outubro, celebrouse no noso centro a festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas.

Varios séculos despois esta tradición ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín á cultura americana, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX.

Con motivo desta data o alumnado de 4º de ESO organizou o Festival de Halloween e Samaín con desfiles de disfraces, xogos e venta de doces caseiros, co fin de recadar fondos para a viaxe de fin de curso.

A Biblioteca escolar  tamén está presente nesta celebración cunha exposición de libros de tremer  e o alumnado colabora na decoración ambiental da entrada do centro.

 

 

PULSANDO AQUI PODEDES ACCEDER A MAIS FOTOS DESE DÍA.

Distribuir contido


by Dr. Radut