Skip to Content

Plan Valora. 2007-09

PROXECTO "EU APÚNTOME, E TI?"

 

  

O  I..E.S. Illa de Sarón  pon en marcha neste neste curso 2007/08 un Programa de Apertura do Centro para tódala Comunidade Educativa baixo o lema EU APÚNTOME, E TI?

EN QUE CONSISTE:

- Realización de  actividades escolares de carácter voluntario e gratuito, fóra do horario lectivo, levadas a cabo por monitores especializados

             

QUE PRETENDEMOS :

- Que participen os sectores protagonistas principais na Comunidade Educativa: pais/nais, alumn@s, persoal non docente e profesores.

- Que os alumn@s completen a súa educación mediante actividades extraescolares que ofrezan unha alternativa saudable ao seu tempo de lecer e que propicien valores relacionados coa solidariedade, o respeto e a axuda mutua.

 - Aumentar o número de actividades extraescolares, particularmente  despois das actividades lectivas.

-  Aproveitar as infraestructuras do centro para favorecer o seu uso como lugar de encontro de tódala Comunidade Educativa.

 

LEMBRAMOS QUE:

- As actividades son voluntarias e gratuitas.

- No centro sempre haberá un membro do Equipo Directivo durante o tempo do desenvolvemento das mesmas.

 

  

No arquivo adxunto pódese consultar o proxecto premiado no marco PLAN VALORA no TEMPO DE LECER. No módulo de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  colgaremos ao longo do curso fotografías das actividades feitas.

Obradoiro de Supervivencia Doméstica

Obradoiro Supervivencia

Pulsa sobre a Imaxe para ver a Galería de Imaxes do Obradoiro.

O Venres 15 de maio celebrouse no Centro o Obradoiro de Supervivencia Doméstica. Consistiu nunha presentación na que o alumnado opinou sobre os contidos aportados, para logo debatir sobre os seus costumes sociais con respecto as tarefas domésticas, habitos alimenticios, etc.

As tres horas seguintes foron máis prácticas. Tiveron lugar nunha cociña ubicada na Sala de Xogos do Centro, na que os rapaces e as rapazas elaboraron un menú de tres pratos: primeiro, segundo e postre, como si fosen adolescentes "parcialmente" emancipados, concienciándose da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral. Eiquí traballaron en grupo, e encargáronse cada un deles de organizar, elaborar, presentar, degustar, recoller e limpar cada unha das receitas propostas.

O obxectivo deste obradoior foi axudar a fomentar a autonomía personal dos adolescentes no fogar. Que saiban preparar os pratos, face-la compra ou a limpeza. Outra finalidade de este obradoiro foi promove-la igualdade entre os sexos nestas tarefas.

As sesións incluiron elaboración de receitas de cociña (que logo tamén degustaron), nocións de organización e hixiene. O obradoiro, gratuito, incluíu información tanto teórica como práctica.

Obradoiro de Maquillaxe

Imaxes do Obradoiro de Maquillaxe levado a cabo no Centro, o martes 5 de maio, dentro das Actividades do Plan Valora e impartido por Lucía Ferro.

Obradoiro de Manicura

Obradoiro de Manicura realizado no Centro o martes, 19 de Maio, dentro do Plan Valora

Obradoiro de Hockey Patíns

Imaxes do Obradoiro de Hockey Patíns, realizado no centro, o venres 15 de Maio, dentro do Plan Valora, e impartido por Monitores de Roqsport.

Obradoiro de Automaquillaxe.

O Martes 16 de Decembro, dentro das actividades do PLAN VALORA, tivo lugar no Centro un Obradoiro de automaquillaxe. O Obradoiro foi impartido por Lucía Ferro, do Salón de Belleza do mesmo nome, situado en Covas. Podes ver as imaxes a maior tamaño neste enlace.

Obradoiro de automaquillaxe
 

Taller de DJ impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ

O Mércores 15 de Outubro, de 16:30 a 18:30 tivo lugar o Taller de DJ, impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ, actividade que forma parte do programa PLAN VALORA. Pulsando sobre a imaxe podes ver fotos das actividades levadas a cabo polos alumnos.

 

Galería Imaxes Taller DJ

CHOCOLATADA SOLIDARIA

O mércores 5 de marzo, no tempo do lecer, celebramos unha CHOCOLATADA SOLIDARIA para clausurar a exposición "COMPRA SORRISOS É O XUSTO"  sobre COMERCIO XUSTO.

OBRADOIRO DE DJ

27 de febreiro na sala de xogos.

GOLF

13 DE FEBREIRO. XOGAMOS Á GOLF.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut