Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O Departamento de Xeografía e Historia do IES "Gregorio Fernández" de Sarria convocou o I concurso de fotografía sobre paisaxes agrarias ou lugares da comarca con especial interese natural ou etnográfico, orientado a potenciar o interese pola conservación do contorno natural e a recuperación das formas de vida tradicionais na comarca.
O concurso ía dirixido a todos alumnos e alumnas do centro, e contou cunha destacada participación. Os gañadores foron Cristian Valcárcel (alumno de 3º da ESO), Cosme López (alumno de 2º de ESO) e Diego Antelo (alumno de 2º de ESO) que recibirán un vale para gastar en libros ou material escolar. Velaí a foto gañadora:
O Departamento de Lingua Galega e o EDL organizou unha exposición fotográfica sobre como se celebra o entroido nos distintos lugares de Galicia. Podemos observar os personaxes máis típicos segundo o lugar de celebración do entroido, desde cigarróns, xenerais, pantallas, peliqueiros ata o Oso de Salceda, e moitos máis que perduran ano tras ano, con moita tradición e historia.
OBRA: O muíño nunca morrerá
AUTOR: Fiz Vergara Vilariño
GRUPO: Alumnado de 1º Bacharelato do IES "Gregorio Fernández"
LUGAR: Casa da Cultura de Sarria
ASISTENTES: Alumnado de ESO, tamén irán os grupos de FPBásica que o desexen
NOTA: A estrea da obra será o 9 de maiso ás 19:00 h na Casa da Cultura de Sarria. Entrada libre e de balde
ORGANIZAN:
- Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES "Gregorio Fernández"
- Concellería de Cultura do Concello de Sarria
PARTICIPAN: centros educativos dos concellos de Sarria, Samos, Triacastela
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC, o xoves 30 de xaneiro, visitaron o Museo do Mar en San Ciprián, a fábrica de Sargadelos e as vilas de Foz e Mondoñedo, lugares nos que transcorre a acción da novela "A lei de as ánimas" que leron en 1º BAC. Se picades no álbum Visita á costa de Lugo e Mondoñedo, veredes máis fotos dos lugares aos que foron.
Os alumnos e alumnas dos segundos cursos do CM de Xestión Administrativa e do CS de Administración e Finanzas foron a visitar dúas empresas da nosa provincia. Primeiro desprazáronse ata a empresa Torre de Nuñez e logo foron ver as instalacións de Quescrem. Coñeceron de primeira man as súas instalacións, explicáronlles cal é o seu funcionamento básico e como se desenvolve o día a día a nivel produtivo, comercial e de administración, ademais de transmitirlles os seus valores fundamentais e que forman parte da súa cultura empresarial.
O noso alumnado de 2º de FPB de Servizos Administrativos, de 4º ESO de Iniciativa Emprendedora e de 1º do CM de Xestión Administrativa desprazouse ata Palas de Rei para coñecer como funciona a empresa JIM SPORTS. Visitaron as súas principais instalacións, como o almacén, as oficinas e mesmo puideron ver o ximnasio que habilitaron para os traballadores. Explicáronlles a historia da empresa, o funcionamento básico a nivel de marketing, loxística, importación e xestión de almacéns, polo que puideron entender un pouco mellor como se desenvolve esta empresa e como xestiona a súa actividade diaria ata chegar a convertirse no maior provedor a nivel deportivo de España.
O martes 17 de decembro celebrouse no noso centro unha xornada formativa sobre emprendemento dirixida ao alumnado de Ciclos Formativos dentro do Programa Eduemprende Actúa 2019-2020, no que contamos coa presenza dunha técnica por parte IGAPE, María Traveso Lago e ligada a Promove e dúas emprendedoras da nosa contorna, Lourdes Pombo de Torta de Sarria e Anjhara Gómez de Castanae. Durante a súa participación, puxeron en valor esta opción de futuro, explicándonos cales foron os seus motivos para decantarse polo emprendemento e destancando a importancia da formación e da motivación para alcanzar o benestar persoal e profesional.
Un equipo de cinco alumnos/as de 1º de Bacharelato do noso I.E.S. denominado "EUrecas", composto por Fátima Feijoó Valiña, Xurxo López Piñeiro, Eros López Rodríguez, Iria López Rodríguez e Luis López Seijas e coordinado pola profesora de Economía do noso centro, Esther Rodríguez Dono, superou a primeira fase do Concurso Generación Euro, un concurso sobre política monetaria que organiza o Banco Central Europeo e o Banco de España.
Nesta 9ª edición, foron 3.975 participantes, dos cales superaron a primeira proba cun 100% de acertos 100 equipos, entre o que se atopa o equipo do noso centro. Os clasificados terán que enfrentarse a unha segunda proba que consistirá nunha proposta analítica sobre política monetaria.
Parabéns ao noso equipo por haber superado esta primeira fase e moito ánimo para seguir esforzándose e ampliando os seus coñecementos sobre política monetaria.
O venres día 29 de novembro, o alumnado dos ciclos formativos de Xestión Administrativa e de Administración e Finanzas, de 2º de Bacharelato de Economía e de 4º ESO de Iniciativa Emprendedora do noso IES, fixeron unha visita didáctica ao viveiro de empresas CEI-NODUS do Concello de Lugo con motivo do 15º aniversario dende a súa creación. Nel puideron coñecer de primeira man as actividades e os espazos dun viveiro de empresas que fomenta o emprendemento e apoio no proceso de creación de empresas. E ademais, tamén puideron visitar empresas que están alí instaladas de distintos sectores como Ceniza de Papel (artesanía), Makers (robótica), Triesfera (deseño 3D), Mónica (pintura creativa), Como en Casa (cociña), Bisagras de Papel (xenealoxía) e Atresproyectos (enxeñaría e arquitectura e realidade aumentada), entre outras.
O venres 8 de novembro celebrouse no noso IES a primeira actividade formativa dentro do programa "Finanzas para Mortais" dirixida ao alumnado de 4º ESO e de ciclos formativos da familia de Administración. A segunda xornada tivo lugar o venres 22 de novembro. Estas sesións presenciais foron impartidas por persoal do Banco Santander e trataron de achegarnos aos conceptos básicos da cultura financieira.