Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Concreción curricular do centro

O contido completo da Concreción Curricular do centro pódese coñecer accedendo á sección de Alumnado no apartado de Taboleiro e á sección de Pais/Nais en Documentos de Interese a disposición para calquera membro da comunidade educativa.

Conferencia da poeta Olga Novo

A poeta Olga Novo, Premio Nacional de Poesía polo seu poemario Feliz Idade, impartiu no IES Gregorio Fernández unha conferencia baixo o título Ler para soñar. Escribir para vivir, destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BAC. 

Ademais participou e gravou un programa de radio co alumnado de 1º de BAC que cursa Literatura Universal e que tiña lido o seu libro. 

A presenza desta autora no noso instituto foi un fermoso acto que acercou ós rapaces e ó profesorado ao pracer máxico de ler e escoitar poesía. 

Podedes visualizar o seguinte vídeo e as fotos do Álbum Visita de Olga Novo.

I Edición do Día da Poesía en Sarria

O 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila en Sarria o Día da Poesía adicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño e organizado pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Sarria. Asistiron máis de 400 alumnos e profesores de doce centros educativos da comarca de Sarria e cada centro foi recitando poemas deste poeta de Samos, Fiz Vergara Vilariño. Tamén interpretaron un soneto musical deste poeta dous profesores do noso centro, que foron os presentadores deste acto, Xurxo Souto e Eduardo Rei e escoitamos repetidas veces unha versión de "Terra" das Tanxugueiras na voz da nosa profesora Patricia Coucheiro e acompañada da coreografía dirixida por outra profesora nosa, Mercedes Veiga. Para finalizar o acto, presentouse un grupo musical formado por alumnos do IES Xograr Afonso Gómez que versionou un poema deste autor samanense.

Foi un acto cheo de poesía, de versos que soaban un tras outro cheos de beleza e sentimentos e que mostraban a fermosa obra que nos deixou Fiz Vergara Vilariño, para o cal reivindicouse neste acto que se lle adique por fin o Día das Letras Galegas. Parabéns a tódolos participantes!

Vídeos: Sarria, Feliz Día da PoesíaSarria celebra o Día da Poesía 

foto Día da Poesía

Charla- coloquio: O papel das mulleres da nosa contorno no mundo laboral

O venres 11 de marzo celebrouse no noso centro unha charla coloquio dentro do Programa Donas de Sí no que participa o Departamento de FOL sobre O papel das nosas mulleres no mundo laboral dirixida ao noso alumnado de Formación Profesional.

Contamos coa presenza de dúas mulleres vinculadas ao sector gandeiro da nosa localidade, Adela e Laura, tamén asistiu a xerente dunha empresa de transportes da comarca de Sarria, Rocío e ademais estivo connosco Antía, como representante dun negocio familiar de longa tradición do sector da alimentación da nosa vila. Debatimos e reflexionamos sobre as dificultades que tiveron e teñen as mulleres para compaxinar a vida laboral e profesional coa vida familiar, falamos dos estereotipos de xénero e tamén da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres... Agradecemos a asistencia destas mulleres que puxeron voz ao esforzo e que simbolizan as mulleres da nosa comarca que serven de exemplo de superación e loita por conseguir as súas metas. 

foto charla-coloquio

 

Concesión mobilidades Erasmus+ para o período 2021-23

A Comisión Europea ven de conceder ao noso centro seis mobilidades para a realización de prácticas en empresas no estranxeiro dirixidas ao alumnado de ciclos superiores de Formación Profesional e dúas mobilidades para o profesorado de ciclos superiores co obxectivo de realizar estadías de formación no estranxeiro.

As particularidades do convenio de subvención pódense consultar premendo aquí e os criterios de selección tamén se poden consultar premendo aquí .

Interpretacións realizadas polo alumnado de 1º BAC Curso 2020/21

Bella Ciao interpretada por 1º Bac:

 Heart and Soul interpretada por 1º Bac:

Concesión da Carta Erasmus+

A Comisión Europea ven de conceder a Carta Erasmus de Educación Superior ao IES Gregorio Fernández, o que permitirá que durante o  período 2021-2027 o alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Superior do noso Centro poidan realizar o período de prácticas (FCT) en empresas da Unión Europea.

Animamos a todo o alumnado dos Ciclos Superiores de F.P. do noso Instituto a participar na iniciativa Erasmus+ e a solicitar  a súa participación no mesmo.

O noso gran logotipo

O noso centro luce con orgullo na súa fachada principal o seu logotipo reproducido ao grande, concretamente, chega a pesar  uns 1.000 quilos. Trátase dunha obra feita con materiais reciclados, como piñóns, parafusos ou porcas,... elaborados durante os cursos anteriores polo noso alumnado e que se aproveitaron nesta ocasión para reciclar. Esta obra foi deseñada polo profesor Luis Hospido e desenvolvida por un grupo de alumnos dos ciclos medios de Mecanizado e Mantemento Electromecánico, e tamén contaron coa axuda de varios profesores á hora de levar a cabo varias tarefas, como a súa soldadura, limpeza ou colocación. A todos os que participaron dalgún xeito na creación deste gran logotipo, dámoslles as grazas polo seu esforzo e o seu traballo e felicitámolos polo resultado acadado.

foto do logo do IES