Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

A actividade emprendedora como chave para o teu futuro

O 6 de febreiro desenvolveuse no noso IES a actividade formativa "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro" dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2018-2019, dirixida ao alumnado de segundo dos ciclos formativos de grao medio e superior do noso centro.

Contamos coa presenza dunha asesora en emprendemento, Fátima Rodríguez Figueiras, en representación do IGAPE e dunha persoa emprendedora da nosa localidade, Jesús Pato Mourelo, presidente de Galimplant. Os dous participantes compartiron a súa experiencia persoal e profesional cos asistentes, poñendo en valor a importancia da iniciativa empresarial e entendendo que o emprendemento pode ser unha opción de futuro de éxito e de desenvolvemento persoal e profesional. 

foto dos participantes na actividade formativa