Eventos

« Xullo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Xornada formativa sobre Prevención e Primeiros Auxilios

Celebrouse no noso IES unha xornada formativa dirixida ao alumnado de Ciclos Formativos e da Formación Profesional Básica sobre a Prevención no traballo e os Primeiros Auxilios por parte de persoal dependente do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Lugo. Contamos coa presenza dun profesional nesta materia, quen tratou de concienciar da importancia da seguridade e saúde no traballo e das graves consecuencias que implican os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais para a sociedade, e que en moitos casos poderían evitarse cunha adecuada política preventiva por parte das empresas. Deseguido, unha enfermeira detallou os procedementos a seguir en situacións de emerxencia tales como feridas, atrangantamentos e mesmo paradas cardiorespiratorias, na que todos os participantes puidemos practicar cun maniquí unha reanimación cardiorespiratoria. 

foto sobre como se practica unha reanimación cardiorespiratoria