Eventos

« Xullo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Intercambio co Collège Paul Eluard

Como en anos anteriores, recibimos a visita de 40 alumnos do Collège Paul Eluard, dentro das actividades previstas no intercambio que mantemos co Centro de Mur de Bretagne.Despois dunha longa viaxe, chegaron a Sarria na tarde do 14 de abril. O programa de actividades foi intenso e diverso, con visitas á cidade de A Coruña, Santiago de Compostela e Rías Baixas. Ademais, o luns 16 puidemos compartir unha completa xornada en común, na que participaron os alumnos de 3º e 4º da ESO. Nese día, organizamos un festival no salón de actos no que os alumnos de Francés recitaron poemas do poeta francés Paul Eluard e fragmentos do Principiño e os alumnos de música interpretaron unhas cancións á flauta. Para completar a xornada en común, visitamos O Cebreiro e fixemos un tramo do Camiño de Santiago, entre o Alto do Poio e Filloval. O xoves 19 partiron de volta cara Bretaña, onde nos agardan ata o día 13 de maio no que lles devolveremos a visita.

foto de confraternidade na entrado do IES