Eventos

« Agosto 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Departamentos

Logo de Bibliotecas Escolares de Galicia

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Solicitude de libros de texto para o curso 2017/18

Orde do 16 de maio de 2017 (DOG, Luns 22 de maio de 2017)

- O alumnado de todos os cursos de ESO poden solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 5.400 €, terá dereito a serlle prestados seis libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 5.400 € e 9.000 €, terá dereito a serlle prestados catro libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 5.400 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €.

- Para o cálculo da renda per cápita, utilízase a Declaración da Renda de 2.015.

 Obrigas das persoas beneficiarias:

 - Para ter dereito ao préstamo de libros de texto é necesario ter devoltos os libros de texto que o alumno/a recibira no curso 2016/17 con cargo ao Fondo Solidario ou ao Programa de Axudas para adquisición de libros de texto.

- Os libros de texto do curso 2.016/17 serán devoltos en bo estado (sen suliñados, debuxos, destrozos, etc.) antes do 23 de xuño de 2.017. Se o alumno/a suspende en xuño algunha asignatura, poderá quedarse co libro desa materia ata os exames de setembro, debendo entregalos antes do 7 de setembro.

- Os libros que reciba en préstamo para o curso 2.017/18 deberán de conservarse en bo estado, e terán que ser devoltos ao Instituto en xuño ou setembro de 2.018.

 Presentación de solicitudes:

- As solicitudes presentaranse no modelo que lles será facilitado polo Instituto e deberá presentarse entre o 23 de maio e o 23 de xuño de 2.017.

- Aínda que o alumno/a suspenda algunha asignatura en xuño, deberá de presentar igualmente a solicitude xa que o prazo indicado anteriormente é o único establecido. NON HAI PRAZO DE SOLICITUDE EN SETEMBRO.

- Xunto coa solicitude, entregarase unha copia do libro de familia.

- O 11 de xullo de 2.017, publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas.

- As reclamacións contra as listaxes provisionais faranse os días 12 e 13 de xullo.

- As listaxes definitivas publicaranse o 15 de setembro de 2017.

- Descarga impreso de solicitude

Entrega dos libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar:

 - Os libros serán entregados ao alumnado a partir do 15 de setembro de 2.017.

- Os vales serán entregados ao alumnado unha vez que estén matriculados.