Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
O pasado xoves 17 de novembro volvemos contar coa presenza de Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel (https://fundacionronsel.org/), esta vez para impartir aos alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro interactivo de competencias emprendedoras, concretamente de riscos calculados. Esta actividade xa é a cuarta dun ciclo organizado pola Aula de Emprendemento do noso centro, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2021) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podedes ver máis fotos no álbum Obradoiro de Competencias Emprendedoras.