Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
Seguimos co ciclo de actividades organizadas pola aula de Emprendemento do noso centro educativo.
O pasado martes 4 de novembro, Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel, impartiu un taller de entrevistas de traballo, no que os alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional tiveron a oportunidade de interactuar mediante a técnica do xogo de roles ou role-playing. Como resultado, sentáronse as bases da estrutura dunha entrevista acompañadas de toda unha serie de consellos útiles.
Estas actividades están financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2021) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Na seguinte ligazón podedes descargar as fotos do taller: Obradoiro Entrevistas de traballo