Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

blogue deanatorrescampo

Recibimos o Premio Nacional de Calidade eTwinning

O noso proxecto eTwinning Math, music and emotions. Levado a cabo ao longo do curso 2023-24 recibiu o premio Nacional de Calidade eTwinning. O traballo foi unha colaboración a tres bandas entre o IES Gregorio Fernández, o Likio Geroskipou, de Chipre e o Karpanen School de Lathi (Finlandia). 

Unha das razóns do galardón foi o traballo interdisciplinar que combinou os currículos escolares de inglés, matemáticas e psicoloxía e un tema transversal clave como é a educación emocional. Ademáis, traballouse mediante docencia entre iguais pois colaboraron o alumnado de 2º de ESO e os estudantes de Antropoloxía de 1º Bacharelato. Os departamentos implicados foron os de filosofía, matemáticas e inglés da man das profesoras Patricia Coucheiro, Fe Pérez, Ana Torres e Isabel Villamor.

Aprendizaxe por observación en Izmit (Turquía)

As nosas compañeiras Raquel Arias, Elena Corujo e Esther Rodríguez Dono realizaron unha estadía dunha semana de duración en Izmit (Turquía) o pasado mes de setembro. A finalidade da viaxe consistía en realizar un job shadowing ou aprendizaxe por observación.

Nesta ocasión as profesoras tiveron ocasión de observar a docencia no Technical and Vocational High School of Izmit. Tamén aprenderon como se xestiona o centro, de grandísimas dimensións, e descubriron os lugares onde o alumnado realiza as prácticas dos títulos que ofrecen pois Izmit é unha cidade moi industrial.

As profesoras valoraron moi positivamente tanto o trato recibido como a xestión, as instalacións, as aprendizaxes realizadas e a ocasión de practicar o inglés, que foi a lingua vehicular en todo momento. Agardan que esta fose o primeiro contacto para a realización de intercambios virtuais e físicos entre o alumnado de ambos centros educativos.

 

Informe final do proxecto eTwinning de 2ºESO

Nas últimas semanas, o noso alumnado de 2º de ESO participou na fase final do proxecto eTwinning da Unión Europea "Math, Music and Emotions", proxecto virtual no que traballamos ao longo de todo o curso con alumnado de Finlandia e Chipre.

Nesta derradeira etapa, o alumnado debeu realizar un traballo estatístico analizando as emocións xeradas por música propia de cada un dos países. Compartimos con toda a comunidade educativa os resultados obtidos mediante o seguinte informe elaborado colaborativamente e cuxas conclusións foron tamén analizadas cos nosos socios europeos.

 

Programa de Radio Bolboreta sobre a primeira parte do noso proxecto

Na primeira parte do proxecto eTwinning Math, Music and Emotions, analizamos os significado de cada unha das emocións escollidas polo alumnado dos tres países: medo, asco, ira, tristeza, alegría e melancolía. Resumimos todo este coñecemento nun programa de Radio Bolboreta.

Con estas ideas claras, o alumnado seleccionou seis cancións galegas buscando que cada unha delas representase unha das emocións traballadas. Finalmente, compartimos as cancións cos nosos compañeiros fineses e chipriotas e valoramos en que grado nos producía cada emoción cada unha das cancións. 

As nosas cancións escollidas foron as seguintes, podes adiviñar para que emoción foi pensada cada unha delas?

Memoria da noite. Luar na Lubre

Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez

O mazo armado. Nao Galiza

O tren. Andrés do Barro, versión de Louband.

A cinza. Mounqup.

Fisterra. Milladoiro.