Saltar navegación.
Inicio

Lingua Galega e Literatura

Un conto de Samaín teatralizado

O venres 28 de outubro, alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e F.P. Básica asistiron a un conto teatralizado do Samaín, "Ollo de pau".

Facendo Ciencia en Galego II

Ó longo da 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de bacharelato traballaron en diversas investigacións científicas co obxectivo de ver a ciencia en galego. Agora toca ollar os traballos dos alumnos de 1º de bacharelato, axundo á normalización do noso idioma neste ámbito.

Pasádeo ben vendo estes vídeos!

Facendo Ciencia en Galego

Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar,  quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!! 

Xuntanza do Club de Lectura

O pasado luns, 26 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza dos clubs de lectura do noso Instituto. Por unha banda reuniuse o Club de Galego  que despois da presentación e organización de horarios decidiron, que como estaba preto o Samaín, facer o xogo do Cadáver exquisito que tivo como  resultado final a historia que amosa a fotografía seguinte.

Logo fixeron un comentario das lecturas fantásticas e de terror que elexiran para ese día.

Xusta Poética no Castelo de Monterrei:::

 

O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro venres 27 durante a mañá ao castelo de Monterrei para facer unha actividade didáctica que ten como obxectivo recrear os tempos de final do medievo, aprender un pouquiño de literatura da época e coñecer o baluarte histórico, referencia cultural da comarca.

O venres 20 na aula 11 hai unha reunión para todo o alumnado que desexe participar. Débense entregar as autorizacións antes do vindeiro mércores.

 

Distribuir contido