Saltar navegación.
Inicio

2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

Bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Dende o 01/02/2023 ata o 03/04/2023

DURACIÓN:

1 semana no mes de xullo de 2023.

PREZO:

O alumnado participante abonará 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.

REQUISITOS:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006
  • Estar matriculado no curso 2022-2023 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
    • Bacharelato
    • Ensinos profesionais de música e danza
    • Grao medio de Formación Profesional
    • Grao medio de artes plásticas e deseño
    • Grao medio de ensinos deportivos
    • Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional (conforme á Resolución 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. O traslado desde o domicilio ao centro de destino e viceversa será por conta da persoa participante.

PÁXINA WEB:

www.educacionyfp.gob.es

Fonte da información:

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/bolsas-e-axudas/detalle-bolsas/2-400-bolsas-para-participar-nun-programa-de-inmersion-linguistica-en-ingles-en-espana/suceso/1453828422039