Saltar navegación.
Inicio

Os alumnos de TCAE participaron na actividade My Escape Room en León e Bilbao

Durante os días 24 e 25 de outubro os alumn@s de TCAE realizaron unha saída didáctica durante a cal realizaron varias visitas. A primeira delas foi un Burgos, para realizar unha actividade en My Scape Room. A seguinte en Bilbao para visitar a exposición de anatomía Human Bodies, e nesta mesma cidade, visitaron as intalacións de Cruz Vermella. Desta mesma institución, tamén acudiron ao centro de Salvamento Marítimo de Arriluze (Getxo). Xa de volta á Verín, fixeron unha parada en León para ver o centro de parálise cerebral ASPACE.