Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Chegou aos nosos oídos...O recuncho do granel



Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización
Chegou aos nosos oídos... que Letty Campelo Torres ex alumna do Aguiar en Secundaria e no Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia iniciou hai un par de meses a súa aventura emprendedora coa franquicia "INSPIRAZZIONE CORUÑA", en r/San Andres nº1 (entre Massimo Dutti e Cafe Universal)
Moita sorte para Letty Campelo Torres
Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización
Chegou aos nosos oídos... que alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia comezan a abrirse paso cos seus negocios.
Recentemente soubemos de Víctor Benavides, ex do Aguiar, que acaba de abrir unha franquicia na Coruña, na rúa Andrés Gaos 35, dedicada a roupa de home CELOPMAN.
Por certo, que preparando esta noticia atopámonos tamén na festa de inaugación do negocio a outra ex-alumna, Nuria Edreira López (olládea lucindo amplo e contaxioso sorriso na imaxe da dereita)
Tamén tivemos coñecemento da andaina empresarial de Cristina Fuentes. Fai uns anos afincouse en Monforte de Lemos e alí co seu marido administran o Grupo Bodegueiro "Prior de Pantón".
Dende a "zona nobre" do IES Francisco Aguiar (polos mal informados chamadas "porquerizas") desexamos o maior dos éxitos comerciais ao alumnado do Ciclo e, nesta ocasión, especialmente a Víctor e Cristina.
Elaborar un Plan de Empresa Cooperativo.
Ocórresevos cousa máis elegante que servir nunha celebración suculentas lonchas de xamón serrano. Imaxinades un xantar máis suculento e delicado que un rico fuet. Sodes capaces de pensar na gastronomía popular e culta do noso país sen a aportación de quen todo se aproveita, mesmo os andares.
Pois daquela entenderedes que por pura constatación histórica chamemos a unha parte do noso instituto "as porquerizas"... pero tamén entenderedes que todos no centro saibamos que tras ese nome agáchase a auténtica "zona nobre" do Aguiar (suculenta como o xamón, delicada como o fuet, imprescindible como todo o que ven do porco)
Pois en tan privilexiado espazo tivo lugar o martes 28 de outubro unha interesante charla. O profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia en colaboración co Consorcio das Mariñas organizou unha sesión de traballo para presentar ao alumnado "como elaborar un plan de empresa cooperativo"
Charla sobre autoemprego.
O martes 14 de outubro, no Instituto Francisco Aguiar, terá lugar unha charla para o alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia. A sesión de traballo versará sobre "Autoemprego"
Realízase esta actividade grazas á colaboración entre o profesorado deste ciclo e a Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas
Visita de alumnado e profesorado en pleno do Ciclo a Estrella Galicia
De todas as actividades e estudos que fan os nosos compañeiros e compañeiras do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia unha das máis sufridas son as visitas a empresas. e de todas as empresas que visitan (Inditex, Gadisa...) a que máis lle custa
é a que, este ano fixeron o luns 19 de maio, a visita a Estrella Galicia
Momento 1: "disciplinadamente-escoitamos-a-conferencia-sobre-a-empresa"... pero as caras xa anuncian a primeira pregunta "¿poderemos degustar?"
O editor desta nova non sabe certo se iste é o momento 2: "se queredes probar". ¡Podería! ¿Non si?
O certo é que non houbo degustación (sonche ben profesionais os nosos compas' do Ciclo)... como pode comprobarse no feito de que todos mantiveron a verticalidade no Momento 3: pousado
O Ciclo Superior visita VEGALSA e as cubertas da Catedral de Santiago
Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotécnia, acompañados polos seus profesores Victoriano e Pancho, tiveron unha volta da ponte ben movida. O luns 5 de maio visitaron as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela e posteriormente as instalacións de VEGALSA.
¡ Atractiva combinación de cultura e formación profesional !
O Ciclo Superior viaxa a INDITEX
O xoves 24 de abril, alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Marketing cursaron visita ás instalacións en Arteixo da empresa INDITEX.
Polas caras...semella que a visita foi ben aproveitada.
Visita ao Centro de distribución de GADISA
O xoves 3 de abril os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de XESTION COMERCIAL E MARKETING visitaron o centro de distribución que GADISA ten en Betanzos acompañados polos profesores Victoriano Rodríguez e Mª José Pereira. A tal fin ataviaronse da reflectante guisa que se pode ver na imaxe... ghuapos pese a todo
Exames de pendentes. Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia
CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN COMERCIAL E MERCADOTECNIA
MATERIA |
DÍA |
HORA |
LUGAR |
Loxística Comercial |
Luns 25 XI |
8.45 h. |
Aula do Ciclo |
Aplicacións Informáticas |
Mércores 27.XI |
16.00h. |
Aula do Ciclo |
Marketing no Punto de Venda |
Mércores 27.XI |
16.00h. |
Aula do Ciclo |
Inglés |
Xoves 28.XI |
10.30-11.30h |
Aula do Ciclo |
Inglés |
Venres 29.XI |
9.30-11.30h. |
Aula do Ciclo |
Investigación Comercial |
Venres 29.XI |
8.45h |
Aula do Ciclo |
..................................%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%...............................
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
