Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Ficheiros

Convocatoria de probas para acceso a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016
Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

Destinatarios e prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: convocatoria dirixida a persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título de formación profesional básica, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: convocatoria dirixida a persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de for- mación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
 

PARABÉNS PARA PANCHO (do Ciclo)

 

Unha simple ollada á vida que vivimos ou a que viviron noutras épocas ... amósanos unha tendencia, máis que confirmada, a que dun xeito misterioso cheguen a formarse parellas ás que nos costa imaxinar por separado ( malia que non podemos dubidar que nelas teña cada quen a súa vida)

 

Pensamos no cine e lembramos ao Gordo e o Flaco, Oliver & Hardy; imaxinamos unha pista de baile onde nos deslumbran Fred Astaire & Ginger Rogers; ruxe o estadio en segundos infinitos, en inagotables intervalos de tempo e vemos correr en cámara hiper-mega-lenta a Oliver y Benji; mesmo en filosofía hai parellas tan famosas Guiño(jeje) como Ortega e Gasset; ou na historia outras non menos famosas como Isabel e Fernando ou como Pi i MargallGuiño(outro jeje) . Agora que se achega o San Valentín lembrámonos de Romeo e Julietta; e no aniversario de Cervantes traemos á memoria a Quijote e Sancho. Sentémonos fronte ao televisor: Marge e Homer, Vilma e Pedro, Minnie e Micky Mouse, Oliva e Popeya, Pucca e Garu...

 

No IES Francisco Aguiar estamos en disposición de dicir, con “orgullo e satisfacción” Reais , que tamén tiñamos unha desas parellas ben consolidadas que nos chegaban á mente unidas, como en carreiriña. Trátase dos compañeiros profesores do Ciclo da familia de Comercio que tan notablemente habitan e dignifican a zona noble do noso Instituto ( por algúns denominada “porquerizas”). Falamos de Pancho e Victoriano. Ambos,cóbado con cóbado, traballaron durante estes anos por un ciclo que é punto de destino cada curso de moitos alumnos. Un ciclo que acada cifras record en canto aos que atopan emprego unha vez rematado. Victoriano e Pancho, Pancho e Victoriano ( tanto monta, monta tanto) foron os artífices destes bos resultados.

 

Pero temos que dicir que hoxe mesmo Francisco Niño Ricoy,  Pancho,  ( e tan pancho!) pasou polo despacho para dicirnos adeus. Era o seu último día de traballo. Pasa a formar parte do grupo de compañeiros e compañeiras que logo dunha vida de esforzo polo ensino público pasan a disfrutar dun merecido descanso, a esa etapa de ledicia que hamamos xubilación. Sabemos e esperamos , eso sí, que non nolo quitaremos do medio totalmente. Agardamos que entre as súas novas ocupacións ( ejem) atope un rato para vir tomar un café; e de seguro, que ao chegar Nadal non quererá arriscarse a ficar pobre mentres a todos os seus ex_compañeiros lles toca a lotaría. Como todos os “ex” virá a facerse co boleto da lotaría de Nadal....

 

 

 Parabéns a Pancho!

Non queremos, dende esta páxina web, deixar pasar a oportunidade de recoñecer o teu traballo polo ensino e pola Formación Profesional, agradecer o compañeirismo de tantos anos, e desexar xúbilo para a etapa que comeza (e que sexa longa).

QUE A DISFRUTES!

 

 

PROBAS LIBRES DO CICLO SUPERIOR. EXAMEN DE INGLÉS

 

  O examen de inglés correspondente ás probas libres de setembro do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing terá lugar o vindeiro mércores 2 de setembro de 8.45 a 11,30.

      BASEADOS NA PROGRAMACIÓN QUE SE ADXUNTA no seguinte enlaceA PROBA CONSTARÁ DOS SEGUINTES APARTADOS, 

  •  READING COMPREHENSION
  • LISTENING COMPREHENSION

  • WRITING

  • GRAMMAR

  • VOCABULARY

 

 

 

No vindeiro curso 2015-2016 inauguramos novo Ciclo de Formación Profesional

Premer na imaxe para acceder á páxina da Xunta que informa sobre este Ciclo

 

Que se aprende a facer?
Xestionar as operacións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos, e organizar a implantación e a animación de espazos comerciais, segundo criterios de calidade, seguridade e prevención de riscos, aplicando a normativa.

 Onde se realiza o traballo?
En empresas de calquera sector produtivo e nomeadamente do sector do comercio e o márketing públicos e privados, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de compravenda de produtos e servizos, así como de deseño, implantación e xestión de espazos comerciais. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionen a súa empresa realizando actividades de compravenda de produtos e servizos, ou por conta allea, que exerzan a súa actividade no departamento de vendas, comercial ou de márketing, dentro dos subsectores de: Industria, comercio e agricultura, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas de distribución comercial por xunto e/ou polo miúdo, nos departa-mentos de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciais, comercial ou de márketing; entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc; empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras; empresas de loxística e transporte; asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).

 En que postos de traballo?
Xefe/a de vendas; representante comercial; axente comercial; encargado/a de tenda; encargado/a de sección dun comercio; vendedor/ora técnico/a; coordinador/ora de comerciais; supervisor/ora de telemárketing; merchandiser; escaparatista comercial; deseñador/ora de espazos comerciais; responsable de promocións no punto de venda; especialista en implantación de espazos comerciais.

 Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies 105
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Inglés 160
Investigación comercial 132
Loxística de almacenamento 123
Loxística de aprovisionamento 105
Márketing dixital 187
Organización de equipos de vendas 87
Políticas de márketing 187
Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais 26
Técnicas de venda e negociación 105
Xestión de produtos e promocións no punto de venda 105
Xestión económica e financeira da empresa 187

 Que título se obtén?
Técnico superior en xestión de ventas e espazos comerciais.

 

CAMBIOS NO CICLO SUPERIOR XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING

 

 

 

O vindeiro curso 2015/2016 o CS Xestión Comercial e Marketing que se imparte no IES Francisco Aguiar  desdóbrase en dous novos ciclos:

  • CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPACIOS COMERCIAIS.
  • CS MARKETING E PUBLICIDADE.

 

O que se implanta no noso instituto é o CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPACIOS COMERCIAIS.

 O novo ciclo terá dous cursos de duración:

  • Primeiro ano: No instituto.
  • Segundo ano: Dous trimestres (Sep-Dic e Xan-Mar) no centro educativo e no 3º trimestre (Abr-Mai) a Formación en Centros de Traballo FCT na empresa e o proxecto.

 

Enlace páxina FP: http://www.edu.xunta.es/fp/

Enlace admisión a ciclos formativos de grao superior: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-superior

Enlace Admisión a ciclos formativos 2015-2016: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5941

 

 

 

28 maio. Saída didáctica do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia

Será preciso aclarar de entrada que non...que non é que precisen "refinarse"? Que se trata tan só dunha visita didáctica con meros intereses académicos....?

O certo é que profesorado e alumnado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotecnia completaron o xoves 28 de maio  a serie de visitas a empresas punteiras da nosa comarca (Inditex, Gadisa...) cun interesante percorrido pola refinería (de petróleo) sita en Arteixo.

Visita do alumnado do Ciclo Superior a GADISA-Piadela

     O xoves 7 de maio o alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia retoma o seu programa de visitas didácticas  deste curso ( recentemente iniciado coa visita a INDITEX-Arteixo).

     Desta volta percorreran as veciñas instalacións  que a grande empresa de distribución GADISA, ten en Piadela.

Martes 28 de abril. O alumnado do Ciclo Superior visita INDITEX

O martes 28 de abril o alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotecnia cursarán unha visita xa tradicional no seu plan de estudos, ás instalacións en Arteixo de INDITEX.

11 de marzo 2015. Visita do alumnado do Ciclo Superior a Vegalsa en Sigüeiro

O mércores 11 de marzo, alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia desprazaranse pola tarde  para visitar as instalacións que a empresa distribuidora Vegalsa ten en Sigüeiro.

 

Distribuir contido