Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Ficheiros

Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Campaña de Nadal.

Seica non podía ser doutro xeito, pero o certo é que unha vez máis  alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais volve a sorprendernos cunha orixinal campaña de marketing comercial. 

O curso pasado invitábannos a repartir apertas brancas, verdes ou vermellas no Iª Festival dos Abrazos

Dista volta, polo Nadal, convidan a desprenderse de obxectos de dimensións determinadas que, todos xuntos, acabarán por formar algo que nos vai sorprender (a cambio, un pequeno premio). 

ÁNIMO A TODOS E TODAS!

teus pequenos detalles poden ter premio!

 

LUNS 11 E MARTES 12.

Crónica da visita do Ciclo Superior a Bonilla e Bap&Conde

Os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, visitamos o pasado día 21, as instalacións da fábrica de patacas fritas "Bonilla a la vista" situada no polígono industrial de Sabón.

Ó longo da visita, puidemos ver as diferentes instalación cas que conta a empresa, e os procesos polos que pasan as patacas dende que chegan ó almacén de materias primas, ata o o seu emvasado e etiquetado para ser enviadas ós puntos de venda. Ademais, o responsable da planta de producción, agasallounos con unha mochila chea de productos da marca. 

A visita á empresa de publicidade BAP&CONDE  completou unha mañá máis que productiva para a nosa formación. 

Próximamente, o 13 de decembro, coñeceremos en profundidade unha orixinal ( e deliciosa) empresa da nosa contorna, "Bico de xeado", incluindo tamén a súa granxa de O Cancelo.

Xa contaremos

 

Que comparten Bonilla e Bap &Conde?

VISITA A LA VIIIIISTAAAA !

Que comparten unha empresa de publicidade e a que elabora unhas das mellores patacas fritidas do mundo mundial....?

Aparentemente pouco pero o certo é que ambas van ser visitadas polos alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do noso instituto. Será o martes 21 de novembro.

Un ano máis, a formación do noso ciclo complétase coa visita a empresas punteiras de tódos os ámbitos.

Bap acadou o 1º premio nacional nos Premios Eficacia 2017. Acaba de elaborar o spot "Global Muiñeira" da serie Vivamos como Galegos para Gadis....

Bonilla a la vista .... desde 1932! Tres xeneracións na hostelería. Mira que non terán fritido patacas e churros dende aquela! E alegrado tardes e conversas cos seus produtos.

Agardamos que os nosos alumnos aprendan moito distas visitas....e fagan deles emprendedores do futuro de Galicia. 

 

 

Iº Festival dos abrazos no Aguiar

 

imaxes de muxotepotolobat

 

O martes 30 de maio promete ser un día intenso e interesante no Aguiar. Por iniciativa e coa coordinación de Francisco Martínez Hidalgo, Profesor do noso ciclo na asignatura de Políticas de Marketing e Titor  do 1º curso, realizarase no Aguiar o Iº Festival dos Abrazos

Tres equipos de cinco alumnos,  cada un identificado cunha cor :Blanca, verde e vermella

 

En cada equipo tres funcións:

Abrazadores/as (2 persoas): reparten os abrazos ás persoas que llo pidan e poden moverse polos límites do Instituto, respectando os espazos privados e os tempos de docencia.

Promotores/as (2 persoas): con total mobilidade e liberdade, pero respectando os espazos privados e os tempos de docencia, anunciarán polo centro o desenvolvemento do Festival e as vantaxes dos seus abrazos respecto aos dos demais equipos.

Controlador/a (1 persoa): infiltrada nun dos demais equipos supervisará as súas accións e certificará que a competición transcorre con normalidade.

 

 

 

 

 

 

Visita do Ciclo Superior ás instalacións de GADISA

Un ano máis, desta volta o mércores 3 de maio,  o alumnado que cursa no Aguiar o  Ciclo Superior de Xestión de Vendas e  Espazos Comeciais, visitará as instalacións de GADISA que se atopan no betanceiro polígono de Piadela.

Estas visitas a empresas punteiras da nosa bisbarra (Inditex, Estrella Galicia, Pull&Bear, Feiraco, Corte Inglés...) forman parte moi importante do proxecto formativo do Ciclo Superior que se imparte no Aguiar.

A crónica da Pablo Villaverde sobre a visita do Ciclo Superior a Compostela e Pazo Baion

Visita ao Corte Inglés de Santiago e a Bodega do Pazo Baión

O pasado día 23 os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciáis visitamos o Corte Inglés de Santiago de Compostela e a Bodega de Pazo Baión, en Vilanova de Arousa.

Chegamos ao Corte Inglés de Santiago en torno ás10 de maña e alí recibiunos Agustín, responsable de Hipercor, que moi amablemente nos mostrou e explicou o funcionamento do hipermercado, así como as técnicas que utilizan para distribuír e repoñer os produtos na tenda. A continuación outro traballador da empresa, Orlando, ensinounos o centro de recepción de mercancías, onde reciben todos os produtos e os distribúen a cada sección da tenda. 

Logo da visita, e da protocolaria foto, tivemos tempo libre para xantar. Ás 3 en punto partimos da cidade Compostelá rumbo as Rías Baixas.

No fermosísimo Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa, agardábanos Alicia, que nos contou brevemente a historia do pazo e o proxecto que as bodegas Conde de Albarei viñan desenrolando dende 2008 no mesmo. Camiñando baixo parras e entre depósitos de viño escoitabamos atentos como paso a paso se consigue un albariño de calidade, pero como non so bastan as palabras ao finalizar a visita tivemos a oportunidade de degustar unha copiña do devandito viño, facendose así realidade nos nosos padais todos eses sabores e aromas dos que antes nos falaran.

Xa para rematar deixamos constancia gráfica da nosa visita, e tomamos o camiño de volta a Betanzos, iso si amodiño, que co viño xa se sabe…

 

PABLO VILLAVERDE BASTEIRO

Pazo Baion e Corte Inglés o Ciclo Superior coñece empresas punteiras.

 

O luns 23 de xaneiro os nosos compañeiros do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais volven outra vez a sair da aula para coñecer de primeira man  dúas empresas  das que poderán aprender moito. 

 

PAZO BAIÓN

Pazo Baión no val do Salnés, propiedade de 30 hectáreas de superficie posúe viñedos espectaculares. Mais a visita a Pazo Baión, non se reduce meramente á visita da bodega, consiste nunha ruta con encanto pola singular finca.

A visita iniciase diante do Pazo, cunha explicación da historia do mesmo; segue cun paseo polos viñedos; de seguido visítanse as instalaciones da bodega, explícase o proceso de vinificación do Albariño Pazo Baión e finaliza cunha cata.

Tendo en conta a espacialidade dos nosos alumnos comentarase polo miúdo o proceso de comercialización e de marca do viño Pazo Baión

 

CORTE INGLÉS. COMPOSTELA. 

Os nosos alumnos e os seus profesores serán recibidos no Hall Principal en Planta Baixa por Agustín Esteban, responsable da Sala Hipermercado e Orlando Codesido, responsable de Loxística de El Corte Inglés Santiago.

Presentarase  o sistema de implantación do surtido no lineal así como o proceso de almacenamiento e distribución de productos.

 

 

O ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visita Pull&Bear

No programa formativo do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, que se imparte no noso instituto, xoga un papel fundamental o coñecemento "in situ" de empresas. Por tal motivo o noso alumnado de 1º curso visitou o xoves 19 de xaneiro de 2017 as instalacións en Narón de Pull&Bear. Unha marca que basea boa parte do seu éxito na loxística ao conseguir  poñer novas prendas en cada unha das tendas duas veces por semana. 

A planta, de 180 metros de largo por 80 de ancho e con máis de 29.000 metros cuadrados, xestiona toda o referente a esta marca en máis de 950 tiendas e 71 paises, tanto nos mercados español, europeo e doutros continentes, como América e Asia. As instalacións que visitarán os nosos alumnos e alumnas son ecoeficientes (gasto de auga, enerxía...) e por iso conta co certificado 'Leed Gold', que establece aqueles aspectos que deben cumplir unhas instalacions como éstas para poderen ser consideradas ecoeficientes.

Xornadas de Formación co Consorcio As Mariñas.( 26 e 28.IX.2016)

Os pasados días 26 e 28 de setembro o Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espacios Comerciais que se imparte no IES Francisco Aguiar renovou unha fructífera colaboración co Consorcio As Mariñas(enlace). Nesta ocasión participando nunhas xornadas de formación que tiveron lugar no noso instituto: 

      26/09  - Habilidades sociais para o emprego e o emprendemento. De 12:30 a 14:15
      28/09  -
 Redes sociais para o emprego e o emprendemento y 
Elaboración do plan de empresa. De 12:00 a 14:15.

Distribuir contido