Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

PRIMEIRO ANUNCIO DOS CLUBS DE LECTURA

Non temos aínda datos concretos...

pero si a confirmación de que no curso que estamos a comezar volven con forza ao Aguiar os Clubs de Lectura .

Polo de pronto,  ista é a imaxe que nos suxiren dende a Biblioteca:

ARRANCAN OS CLUBS...¡ÁNIMO!

 

Re_presentación dos "Cachorros de Ornitorrinco" en Biblos

Xa rematou o curso, non hai clases nin, por tanto,  o rebumbio típico das mañás no instituto ou dos recreos nos patios do Aguiar.  Pero a vida dos artistas non para.

Dicímolo porque o luns 22 de xuño a rapazada de 4º  da ESO que escribíu colectivamente o libro "Cachorros de Ornitorrinco" presentará novamente en Betanzos o seu volumen de microrrelatos. Será pola tarde, ás 20.00, na librería Biblos ( á que tanto debemos pola súa incondicional colaboración coa Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar)

 

Desta volta a presentación incluirá tamén actuacións musicais e a lectura polos propios autores dalgúns dos microrrelatos que forman parte deste libro. Estarán tamén presentes os seus impulsores Raquel Vázquez e Francisco Rodríguez Coloma aos que non podemos menos que reiterar o agradecemento por tanto traballo desinteresado en favor da Biblioteca e da lectura i escritura.

 

Semella un bo plan para a tarde dun día no verán! Teremos tempo para ir á praia, seguir cunha lectura en Biblos de suxerentes microrrelatos e rematar cunha longa sobremesa en calquera das terrazas do casco vello betanceiro disfrutando do fresquiño das primeiras sombras e dunha conversa cos amigos.

17 de xuño. Aniversario na Biblioteca

Desde o 17 de xuño de 2014, a Biblioteca do IES Francisco Aguiar é a BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ

Reproducimos de novo as palabras ditas naquela mañá:

Todos os profesores entramos día tras día no aula coa pretensión de ensinar.
A algúns lles resulta fácil chegar aos alumnos e deixar ben explicados o bienio reformista, o atributo, a reacción catódica, ou o coseno e a tanxente.

Sebastián era un deses afortunados. Pero os seus alumnos, para referirse a el non falan de declinacións e ablativos absolutos. Todos coinciden en sinalar que Sebastián ensinoulles a ser.

Acerta a Comunidade Escolar ao dignificar a Biblioteca co nome de Sebastián Buedo Jiménez.
Unha Biblioteca non é só un depósito de libros máis ou menos irrelevantes. Tamén é un lugar de encontro e un espazo no que se cultiva a superación e o esforzo.


Desde hoxe é tamén un pequeno templo na súa memoria que nos recorda co exemplo vital de Sebastián unha das nosas obrigas: levantarnos cada día co afán de ser mellores para conseguir que o noso mundo sexa mellor.

Hora de Ler. 34ª semana. (4ª sesión)

HORA DE LER

34ª SEMANA [4ª SESIÓN]
 
   Agora si toca decir que ven chegando o final.  Por iso, para esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que algúns dos textos escritos ao longo do curso polos literatos do Aguiar: Amaia Tomé 01, e Amaia Tomé 02, Sara Parga Pérez, Alberto Gómez Perales, Julia Nieto Mantiñán e Violeta Sánchez Silva.

 

Ilustración:  Sarah Mazzetti

Safari Fotopoético 2015. Artistas e imaxes premiadas

 
 
Terceiro Premio: Nerea Gutiérrez Barcia.
  A fotografía presenta un encadre axeitado, cunhas alineacións desenfocadas que conducen a mirada ás flores do primeiro plano; o texto é axeitado e está ben situado, aínda que contrasta pouco co fondo.
 
 
 
Segundo Premio: Daniel López Lendoiro.

A orixinalidade do encadramento compensa o leve desenfoque da saída de auga. 

 
Primeiro Premio: Alicia González Sánchez.

O xurado estimou a imaxe en si e a súa adecuación co texto, situación deste, tipografía elixida.

 
 
NORABOA A TODOS/AS PARTICIPANTES.  O NIVEL É CADA VEZ MÁIS ALTO

 

Entrega de premios. Iº Concurso de Esopías

Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.

 

CATEGORÍA. 1º E 2º ESO: Thais Vázquez López

Nón é amor, é perda.

Inocentes as bágoas frias que andan correndo, unitarias.

Perdida, esquecida, con po, con ilusións dunas mores do pasado maio

                                                                    Thais Vázquez López

 

 

CATEGORÍA 3º E 4º ESO: Amaia Tomé Tomé

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS 

el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos

AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

                                                           Amaia Tomé Tomé

 

Categoría 1º e 2º BAC: Antonio González López

Amo e temo a vista anxelical da melena rubia

que moves bailando vivamente asemade feríndome

por un non decidido amor oculto na mirada miña.

                                    Antonio González López

 

Hora de Ler. 33ª semana. (3ª sesión)

 
33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

   Nesta penúltima semana de Hora de ler poñémonos do máis culturalistas, pois tanto o relato de Giuseppe Scaraffia como a galardoada narración de Amaia Tomé teñen por protagonistas a cultivados homes de letras.
 
   Que ledicia poder xuntar aos consagrados cos emerxentes. Parabéns, Amaia!

 

 
Ilustración: Beatriz Alamagna

Literatura en frasco pequeno. Microrrelato no Francisco Aguiar.

 

Los microrrelatos de los alumnos del Francisco Aguiar conquistan a la editorial Bululú, que ha publicado una antología con sus obras que se presentará este viernes en el Liceo

antares pérez betanzos 03.06.2015 | 01:22

Una guía para docentes y un acicate para los jóvenes. La editorial Bululú-Zaera Silvar ha publicado una antología con los microrrelatos de los alumnos de tercero de la ESO del instituto de Betanzos. Las explosiones de creatividad de estos escolares, que cursan ahora cuarto de Secundaria, conquistaron al escritor Pedro Sánchez Negreira, autor de Verde como el hielo, el libro que inauguró en 2013 la colección Lenguas de Ornitorrinco.

El libro Cachorros de ornitorrinco se presentará el viernes en el Liceo. La alusión a este mamífero semiacuático no es casual. Este subgénero literario aún incomoda a ciertos críticos, como en su día enojó a Linneo ese extraño animal con pico, aletas, dientes, ese mamífero que pone huevos y que rompió todos sus principios taxonómicos. Ajenos a esos prejuicios, el género encajó como un guante entre el alumnado del Francisco Aguiar. Los escolares supieron condensar en escuetas frases historias "con la intensidad de un terremoto", como resume el editor.

La publicación de esta antología ha sido el mejor reconocimiento al trabajo y creatividad de este grupo de adolescentes que dejó sin palabras al escritor que inspiró los talleres didácticos.

La experiencia que ha alumbrado la publicación de la antología surgió a raíz de la unidad didáctica diseñada por la filóloga y escritora Raquel Vázquez, que realizó el pasado año las prácticas del Máster de Profesorado en el Francisco Aguiar, el centro en que había cursado sus estudios.

Su propuesta de profundizar en la elaboración del microrrelato tuvo un éxito inesperado entre el alumnado, que se embarcó en esta aventura literaria con el asesoramiento de esta exalumna y del profesor Francisco Rodríguez Coloma. La biblioteca se convirtió en un taller de mini-libros en los que los escolares volcaron su ingenio para alumbrar 36, intensos relatos.

Para muestra un botón. "Se venden velas para un 87 cumpleaños, sin soplar" (de Inés López Couceiro); "Pensaron que un hijo ayudaría a terminar con sus discusiones de pareja. Ya son familia numerosa" (Isabel López Blanco); "El bebé es incapaz de dormir con los llantos de su padre" (Pablo Ferrer Herrero).

El escritor Pedro Sánchez Negreira relata en el prólogo su sorpresa y admiración por estos jóvenes talentos. No es el único. El Francisco Aguiar puede presumir de cantera. Nueve alumnos han recibido premios literarios durante este curso. La antología que se presentará el viernes es una muestra y un homenaje a la creatividad y la pedagogía. Y un trampolín para 36 plumas: Diego Varela, Inés López, Pablo Ferrer, Iria Rodríguez, Antía Vázquez, Amaia Tomé, Pablo Martínez, Gala Illanes, Noelia Valiño, Tomás Díaz, Gala Sofía Sánchez, Isabel López, Pablo Ferrer, Uxía Castelos, Rosalía Doporto, Isolda López, Andrea Sánchez, Nerea Nogueira, María Peteiro, Daniel Fernández, Sara Vicos, Gema Mourelo, Milena Rodríguez, Daniel Otero, Roque Gómez, Irene García, Silvia Soto, Adrián Mauri, Paula Ois, Laura Gestal, Zuriñe Otero, José Manuel Vázquez, Christian Ruanova, Alba Pérez, Laura Parra y Emilio Suárez.

 

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/06/03/literatura-frasco-pequeno/962947.html#

Derradeira sesión do Club de Lectura de Adultos

O 3 de xuño damos por rematada, para este curso, a andaina do Club de Lectura de Adultos do Aguiar.

Como é habitual aproveitaremonos unha volta máis da amabilidade da Librería Biblos de Betanzos que nos cede o seu espazo a partir das 20.00. Nesta ocasión para falar sobre o libro de Maggie  O'Farrell, A Desaparición de Esme Lennox

Distribuir contido