Club de ciencia

Próximas reunións do Club de Ciencia: 'Somos o que comemos'

 

club ciencia marzo

Organizado polos departamento de Bioloxía e Xeoloxía da man de Chus Santamariña e Emilio Duque.

Inscríbete na túa aula de clase ou en vicedirección indicando a vosa preferencia de día para asistir (luns 25 ou xoves 28).

Como prevemos que haxa un bó número de inscritos, e para poder atendervos mellor,  realizaremos a mesma actividade os dous días e seredes convocados para un deles conforme as vosas preferencias e amizades.

Club de ciencia febreiro 'A maxia da Química' imaxes 1ª sesión e convocatoria da 2ª

Aproveitando que o vindeiro xoves 28 de febreiro teremos a 2ª reunión do Club de Ciencia 'A maxia da química', compartimos convosco algunhas instantáneas do que fixemos na 1ª sesión. Gracias ao alumnado con vocación científica que nos está verdaderamente a sorprender ca súa fidelidade, interese e participación.

Preme na imaxe para ver as fotografías ou accede á galería fotográfica do centro e explora os álbumes do Club de Ciencia.

Álbum: Club ciencia -> Club Ciencia Febreiro 'A maxia da química'

Entrega premios Xincana matemática do Club de Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'

Parabéns a todo o alumnado participante na xincana e os equipos gañadores.

gañadores xincana matemática

Inscripcións abertas para o club de ciencia de febreiro 'A maxia da química'

Club de ciencia febreiro: A maxia da química. Obradoiro organizado polo Departamento de Física e Química da man das profesoras Luisa Muíño e Olga Blanco. Reunións os vindeiros xoves 21 e mércores 27 de febreiro.

club ciencia química

Club de ciencia matemático: resumo dunhas xornadas gratamente satisfactorias

Os pasados 28 e 30 de xaneiro, un grupo de 46 alumnos/as con interese polas matemáticas participaron no obradoiro 'Métete coas Mates' do Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar. Felicitar tanto ao profesorado pola súa implicación con este noso 1º Club de Ciencia, coma sobre todo ao alumnado que demostrou un grande interese, curiosidade e habilidade.

A primeira sesión adicouse a actividades matemático-manipulativas mediante a construcción dun calendario en forma de dodecaedro personalizado, coma non pode ser doutro xeito, co logo do 800 aniversario de Betanzos e o logo do instituto. Se alguén o desexa pode descargalo aquí.

Tamén se construiu un caleidociclo hexagonal conmemorativo con catro imaxes: o logo do instituto, o logo de Betanzos 800 anos, un recordatorio do noso 1º club de ciencia e unha imaxe da forma orixinal do templete do estanque do retiro do parque do pasatempo, cedida esta última amablemente polos responsables da revista Casa dos Espellos. Podédelo descargar na presentación explicativa enlazada neste mesmo parágrafo.

A maiores, deseñáronse reloxos matemáticos que se instalarán nalgunhas aulas para dar a hora de forma orixinal.

A segunda sesión consistiu nunha exitosa e divertida ' Xincana matemática' onde o alumnado realizou unha competición matemática por equipos.

A todos os participantes, gracias. Vémonos na próxima.

Álbum: Club ciencia -> Club Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'

Próximo obradoiro do club de ciencia 'Métete coas mates'

Anunciamos o título e datas do vindeiro obradoiro do club de ciencia. Lembrade que podedes pertencer ao club e asistir a todos os obradoiros ou anotarvos nas plantillas que haberá nas corcheiras de cada aula a obradoiros puntuais. 

Este mes de xaneiro, para combatir a friaxe...club ciencia mates

Obradoiro organizado polo Departamento de Matemáticas con divertidas actividades intelectuales e manipulativas relacionadas co mundo matemático.

Os días 28 e 30 de Xaneiro en horario de 16:20 a 18:00

Algún dos contidos:

Presentación 'Caleidociclo Aguiar'

 

Testemuñas gráficas do obradoiro de luces de nadal do club de ciencia

Á espera de completar o álbum con máis fotografías, ofrecémosvos éstas que proban a existencia dunha boa canteira científica e artística no Aguiar.

Para moitos/as dos asistentes esta foi a primeira vez que facían un circuito eléctrico con leds e plastilina,  programaban unha parte dun robot (nesta ocasión as luces) ou empregaban a placa controladora de Arduino.

Dende a opinión dos/as profesores do club, a experiencia foi moito máis que satisfactoria.

Agardámosvos a todos/as nas vindeiras reunións do clube de ciencia que abrirán a súa inscripción á volta das vacacións.

Desfrutade das festas!!!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club ciencia -> Club ciencia Decembro Luces Nadal

Obradoiro de luces de nadal. Club de Ciencia Aguiar

19/12/2018 15:20
Etc/GMT+1

 

obradoiro ciencia nadal

Os vindeiros 19 e 20 de decembro, en turnos xa repartidos para unha mellor atención e organización, terán lugar unhas novas reunións do Clube de Ciencia do IES Francisco Aguiar en horario de 16:20 a 18:00.

Desta volta xogaremos con luces, dado que está próximo o nadal. Organizaránse distintos obradoiros pensando en atender aos diferentes niveis educativos e necesidades do noso alumnado. Circuitos con plastilina, programación do anel de LED dos robots Mbotranger e tiras de LED WS2812b controladas por Arduino. Non digades que non é un bó plan!!

Presentación Circuitos con Plastilina

Presentación Anel LED MbotRanger

Presentación Tiras LED WS2812b

Exemplos código Arduino WS2812b

Cartafol con códigos exemplo

1ª Reunión do Clube de Ciencia: Obradoiro Soporte Vital Básico 26 novembro 2018

O pasado 26 de Febreiro un grupo de máis de 30 xóvenes científicos participaron nun obradoiro que pode salvar vidas. Guiados pola nosa compañeira Chus Santamariña do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, profesora de Anatomía Aplicada entre outras materias aprenderon cáles son os pasos que hai que seguir nunha emerxencia sanitaria. Ademáis, practicaron en grupos con maniquíes axeitados cómo se debe facer RCP (reanimación cardio pulmonar) en adultos ou mesmo en lactantes.

Clica na imaxe para visualizar as fotografías ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro para votar as túas favoritas e/ou visualizalas á máxima resolución. 

Álbum: Club ciencia -> Club Ciencia Novembro Soporte Vital Básico

Clube de Ciencia Aguiar. 1º obradoiro Novembro 2018 Soporte Vital Básico

26/11/2018 15:20
Etc/GMT+1
soporte vital básico soporte vital básico

O vindeiro luns 26 de novembro terá lugar a primeira reunión do Club de Ciencia Aguiar para a realización dun obradoiro de Soporte Vital Básico.

Desenvolveráse pola tarde en horario de 16:20 a 18:00 e é a primeira das reunións do clube.

Benvidos futuros científicos.

Nunca perdades a curiosidade!

Distribuir contido