26-30 novembro 2018 Semana da Ciencia en Galego

Día da ciencia en galego

 

Ao longo da vindeira semana para celebrar o Día da Ciencia en Galego, o equipo da Biblioteca preparou un interesante concurso inter-clases acerca de cuestións científicas. Cada clase participará nos recreos cuns representantes elexidos con eles. A clase gañadora disfrutará dunha gorentosa sorpresa na cafetería do centro. Boa sorte a todos. A que dixenA que dixenA que dixen

23 de novembro xornada contra as violencias #ennegrocontraasviolencias. Fotografías do Aguiar en negro

O pasado 23 de novembro tivemos unha máis que intensa xornada no que se realizaron proxección de curtametraxes e posta en común das impresións que causaban os mesmos. Asimesmo, o centro enteiro tinguiuse de negro coma proban as fotografías que seguen a chegar á galería fotográfica do centro. 

Premede na imaxe para acceder a visualización do álbum dentro da web ou visitade a galería se queredes ver as imaxes á máxima calidade.

 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> 25nov día mundial contra violencia xénero

Betanzos en negro #ennegrocontraasviolencias Concurso de Haikus na galería do centro

Podedes visualizar aquí algunhas das moitas imaxes que estamos a sacar da magnífica colleita de Haikus contra a violencia de xénero. Grazas a todo o alumnado pola súa implicación e sensibilidade.

Preme na imaxe e navega cas frechas pola galería.

Álbum: Biblioteca 2018-2019 -> Betanzos en negro

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DEFINITIVA DE CANDIDATOS

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

PROCLAMACIÓN DEFINITIVA DE CANDIDATOS/AS

Preme en leer máis para continuar ca entrada e ver os candidatos

 

23 de novembro xornada contra as violencias #ennegrocontraasviolencias

contra as violencias

 

 

 

 

O vindeiro venres 23 celebraremos unha xornada contra as violencias. Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro procurará vir vestido de cor negra coma mostra da nosa repulsa fronte a todo tipo de violencias en xeral, e da violencia de xénero en particular.

Os diferentes cursos tamén baixarán ao salón de actos para participar na vieoproxección e debate posterior de diferentes curtametraxes.

Por último, tamén disfrutaremos da exposición de todos os haikus ilustrados que o alumnado nos fixo chegar e mesmo poderemos dar a coñecer os gañadores do concurso, aínda que dada a calidade de moitos deles, vai a estar difícil chegar a unha decisión.

 

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 2º de ESO C e D

prevención cannabis

Venres 23

Charla para 2º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 2º C 10:40 a 11:30

ESO 2º D 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

Novas fotografías no álbum Biblioteca 2018/2019 da galería fotográfica do centro.

A galería fotográfica do centro segue a medrar. Neste caso incorporamos as fotos da pasada edición dos clubes de lectura da ESO do pasado 20 de novembro. Poderes entrar no álbum clicando na imaxe.

 clube lecatura

Charla comunicación emocional 2C e 2D da ESO

comunicacion emocional

Xoves 22 de novembro

Charla para 2º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 2º C 10:40 a 11:30

ESO 2º D 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

Vota as túas imaxes preferidas da galería fotográfica Betanzos en negro #ennegrocontraasviolencias

Ao longo desta semana exporánse os Haikus do concurso en  contra a violencia de xénero  nos corredores do instituto. Na galería fotográfica do centro tamén hai fotografías dalgúns dos Haikus/imaxes que fostes aportando. Hainos moi bós, tanto que vos pediríamos que os puntúasedes co sistema de estrelas que hai debaixo de cada fotografía. Se premedes nunha imaxe podedes votala e ver a súa puntuación. Asimesmo, se queredes vela á máxima calidade debedes clicar de novo sobre ela.

Accede á galería a través do enlace deste exemplo e participa. ¿Cal é o teu preferido?

haiku

HORA DE LER: #BETANZOS EN NEGRO, #AGUIAR EN NEGRO #ennegrocontraasviolencias

 HORA DE LER

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]
 


Estas son as nosas propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou  María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, #Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Distribuir contido