Volta ás aulas

 

A unha semana do inicio das clases, somos conscientes de que existe certa preocupación na nosa comunidade educativa por non coñecer os detalles sobre o comezo de curso. Nada nos gustaría máis que dar a coñecer o Protocolo, o Plan de Acollida, Plan de continxencia,... pero para iso, é fundamental saber se temos concedidos os desdobres solicitados á Consellaría. Coñecer o persoal co que contamos condiciona toda a organización do centro: grupos, horarios, uso dos espazos...

Sexa como for, queremos trasladar ás familias unha mensaxe de tranquilidade: pola nosa parte, o traballo está feito, e só precisamos o visto e prace da Consellaría. Esperamos poder publicar o Plan de Acollida non máis tarde do luns 14.

Por último, o que si podemos adiantar son algunhas orientacións sobre o procedemento a seguir en caso de aparición de síntomas, extraídas do Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 (ver en Anexo)

Un saúdo

O Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
Información ás familias sobre o Protocolo COVID.pdf101.09 KB