HORA DE LER

 

 HORA DE LER 



19ª SEMANA [1ª SESIÓN]
 


Entroido, antroido, entroito...  son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
 
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Ademáis desta proposta informativa para disfrazarmos con fundamento neste tempo, tamén quedan a disposición do lector un relato de Carlos Casares e unha antoloxía de poesía amorosa de Jorge Reichmann.
 
 
Ilustración: Vittore Carpaccio