"Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel" no Liceo para os 1º de BAC

18/10/2019 11:30
Etc/GMT+1

 

Zenzar

O alumnado de 1º de BAC asistirá a unha actividade de dinamización lingüística, proposta polo Concello de Betanzos,co título "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel". O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo e estará ofrecida polo grupo galego Zenzar.

O alumnado desfrutará, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura. Dentro desta parte faráse unha pequena introspectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas".

A segunda parte será un concerto a cago de Zenzar.

Aínda que o alumnado xa levou unha copia da autorización para asinar, para calquera incidencia, pódese descargar aquí.