IIº FESTIVAL DE ABRAZOS. 28.V.2018.Ciclo Superior

 

 IIº "Festival dos Abrazos"

Esta actividade, organizada polo alumnado e profesorado do Ciclo Superior, consistiu en repartir abrazos e bos sentimentos entre o alumnado do IES Francisco Aguiar, sempre con respecto e agarimo.


Os alumnos tiveron que organizar unha campaña de promoción polo centro e nas redes sociais, poñendo en práctica os coñecementos dos módulos do primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais, e o día 28 de maio celebrouse o Festival, onde tiveron que  repartir abrazos ás persoas que así o quixeran, respectando os espazos privados e os tempos de docencia, anunciando as vantaxes dos seus abrazos respecto aos do outro equipo.


Para controlar que os abrazos se dan ben e como debe ser, durante a súa celebración unha persoa do equipo contrario foi de "carabina" no outro equipo para certificar cantos abrazos se deron e que, realmente, se deron co cariño debido.

,