LVCVS AVGVSTI. Descubrir o próximo... e aos próximos

O venres 17 de novembro un grupo de case corenta alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, desafiando fríos, chegaron a vella capital dun dos "conventus" da "gallaecia" romana, Lvcvs Avgvsti

Guiados polas expertas, e máis que coñecedoras, indicacións do arqueólogo Felipe Arias descubrimos... o próximo. A marabilla do mundo romano perto da nosa casa vivindo situacións, problemas e reaccións nos que podiamos vernos retratados no século XXI:

  • Que a globalización xa era parte daquel mundo: Impresionantes superficies de mosaicos con formas e temas que poderíamos atopar igualmente en Túnez o en Emerita (Badajoz). Deuses e heroes que transitan por igual Braccara(Portugal) ou Barcino(Barcelona), Lucus ou Roma.
  • Que a integración tamén era un problema_reto para sociedades como a romana e a galaica que tiveron que convivir ata formar algo que só pode chamarse,con propiedade galaico-romano. Coñecimos, pola súa ara funeraria,  a unha "peluqueira_maquilladora" de nome grego ( tivo que resultar ben exótica esta grega no Lvcvs dos primeiros séculos)
  • Que tamén no mundo romano había quen procuraba que a memoria doutros desaparecese, mesmo borrando os seus nomes das pedras, "damnatio memoriae".
  • Que nun mundo como o actual (no que se fabrican productos para que duren pouco)sorprende que no mundo antigo se soubese deseñar e construir obras que aínda hoxe nos deixan coa boca aberta pola durabilidade. Unha muralla de 18 séculos deseñada para que drene perfectamente a auga que lle poidese chover por riba.

 

 

  • Que ao longo de miles de anos hai lugares que manteñen unha especie de atracción que os fai importantes ao longo do tempo. Nun momento da historia é o culto a Mitra,  e séculos despois case o mesmo lugar acolle o culto a Cristo "sol invictus". 
  • Que o labor do arqueólogo é ben difícil. Con poucos datos terá decidir se estamos diante dunha piscina para bautizar cristiáns ou de parte dunha terma, seica  "frigidarium" ou "tepidarium"

 

E claro,  posto que  unha saída didáctica é tamén unha experiencia de convivencia diferente (en canto a espazos e tempos) ao da escola, puidemos descubrir:

A resistencia ao frío dalgunha rapaza que non sabía das condicións climáticas de Lugo... ou pensaba que tiñan a calefacción acesa polas rúas

Que hai quen calza zapatillas ON e OFF.

Que alguns/nhas non poden pasar por unha tenda de roupa (Zara sen ir máis lonxe) sen lle botar unha ollada  (aínda que se retrasen un chisco na hora de encontro fixada)

Que algunhas representacións artísticas (coma as dos querubíns) poden dar a algúns tanta grima como unha pelicula gore.

Que a música de Bollywood que escoita Fatema (e imaxina bailada ao "bangladesh style"),  cando a escoita Fernanda (hai poucos meses chegada de Sudamérica) só pode imaxinala... bailada como unha samba! 

 

 

Pois si...en LVCVS AVGVSTI, descubrimos o próximo e aos próximos!