Cronica da visita a Asis e Perugia. Mércores 21. Por Marina e Paula

Comenzamos o día cunha visita a Asís onde visitamos a igrexa de San Francisco de Asís con duas basílicas. Na superior puidemos encontrar algúns frescos deteriorados tras dous terremotos durante o pasado seculo e as pinturas do artista Giotto,  na inferior a tumba de San Francisco, e nos xardins que rodean a igrexa encontramos unha escultura de San Francisco de Asís que o representa tras a derrota contra os peruginos

.

De seguido, fumos ao Templo Romano de Minerva, hoxe convertido nunha igrexa barroca, famosa pola súa fachada e decoracións barrocas e a Basílica de Sta. Chiara, unha Basílica gótica na que apreciamos arcos arcobotantes, que favorecían a luminosidade das igrexas de este estilo ao facer os muros mais lixeiros.


Ao mediodía xantamos e visitamos a Basílica de Sta. María de Degli Angeli, na que se encontra a Porciuncula, primera igrexa que fixo San Francisco e onde morreu.
E, por último, fumos á cidade de Perugia onde puidemos visitar a rúa principal, a catedral e o Palazo dos Priores.


Marina Muíño e Paula Espada