PARABÉNS PARA PANCHO (do Ciclo)

 

Unha simple ollada á vida que vivimos ou a que viviron noutras épocas ... amósanos unha tendencia, máis que confirmada, a que dun xeito misterioso cheguen a formarse parellas ás que nos costa imaxinar por separado ( malia que non podemos dubidar que nelas teña cada quen a súa vida)

 

Pensamos no cine e lembramos ao Gordo e o Flaco, Oliver & Hardy; imaxinamos unha pista de baile onde nos deslumbran Fred Astaire & Ginger Rogers; ruxe o estadio en segundos infinitos, en inagotables intervalos de tempo e vemos correr en cámara hiper-mega-lenta a Oliver y Benji; mesmo en filosofía hai parellas tan famosas Guiño(jeje) como Ortega e Gasset; ou na historia outras non menos famosas como Isabel e Fernando ou como Pi i MargallGuiño(outro jeje) . Agora que se achega o San Valentín lembrámonos de Romeo e Julietta; e no aniversario de Cervantes traemos á memoria a Quijote e Sancho. Sentémonos fronte ao televisor: Marge e Homer, Vilma e Pedro, Minnie e Micky Mouse, Oliva e Popeya, Pucca e Garu...

 

No IES Francisco Aguiar estamos en disposición de dicir, con “orgullo e satisfacción” Reais , que tamén tiñamos unha desas parellas ben consolidadas que nos chegaban á mente unidas, como en carreiriña. Trátase dos compañeiros profesores do Ciclo da familia de Comercio que tan notablemente habitan e dignifican a zona noble do noso Instituto ( por algúns denominada “porquerizas”). Falamos de Pancho e Victoriano. Ambos,cóbado con cóbado, traballaron durante estes anos por un ciclo que é punto de destino cada curso de moitos alumnos. Un ciclo que acada cifras record en canto aos que atopan emprego unha vez rematado. Victoriano e Pancho, Pancho e Victoriano ( tanto monta, monta tanto) foron os artífices destes bos resultados.

 

Pero temos que dicir que hoxe mesmo Francisco Niño Ricoy,  Pancho,  ( e tan pancho!) pasou polo despacho para dicirnos adeus. Era o seu último día de traballo. Pasa a formar parte do grupo de compañeiros e compañeiras que logo dunha vida de esforzo polo ensino público pasan a disfrutar dun merecido descanso, a esa etapa de ledicia que hamamos xubilación. Sabemos e esperamos , eso sí, que non nolo quitaremos do medio totalmente. Agardamos que entre as súas novas ocupacións ( ejem) atope un rato para vir tomar un café; e de seguro, que ao chegar Nadal non quererá arriscarse a ficar pobre mentres a todos os seus ex_compañeiros lles toca a lotaría. Como todos os “ex” virá a facerse co boleto da lotaría de Nadal....

 

 

 Parabéns a Pancho!

Non queremos, dende esta páxina web, deixar pasar a oportunidade de recoñecer o teu traballo polo ensino e pola Formación Profesional, agradecer o compañeirismo de tantos anos, e desexar xúbilo para a etapa que comeza (e que sexa longa).

QUE A DISFRUTES!