Alumnado que deberá repetir curso

Anunciar nunha web a nome do alumnado repetidor non adoita ser prato de bo gusto.

Porén, desta volta sentímonos na obriga de anunciar aos catro ventos a identidade dun grupo de habitantes do Aguiar que deberán repetir curso o ano próximo.

 

 

Repetirán Claudio, como ocorre cos clásicos aos que sempre retornamos,

Fanny que seguerá alumeando os soportais das porquerizas(zona noble)

Repetirán Igor, mentres non pase de boceto a imaxe nidia, 

e o noso carteiro anunciador en parede allea ( como prescindir de quen porta o nome)

Repetirán, do Ciclo Superior de Xestión Comercial, o remedo da portada de King Crimson

o arbóreo demo que lles dá a benvida  na porta da "zona noble" cada mañá

Repetirán, tanto a reencarnación de Marley ("get up, stand up"),

como o correcaminos (bip, bip) . Ambos necesarios en épocas de cambios educativos

Teremos que facer repetir ao boceto de Camborios, pola contribución ao grafiti betanceiro,

e ao noso icónico "homo excaveitor"

A estes dous non lles virá mal repetir,

que adoitan agacharse no máis afastado dos soportais das porquerizas.

Como non, repetirán dous ilustres do cinema universal  King Kong

e Frankestein, que forman parte xa da nómina grafiteira do Aguiar.

 

Ollo! Contrariamente ao habitual,  a nosa proposta de repetición de curso non está motivada porque o fixesen mal. Máis ben sucede que enchen con tanta autoridade e solvencia as paredes que lles tocou cubrir que non queremos prescindir deles.

Non en van o Aguiar está nas orixes do grafiti betanceiro e segue a ser un dos "templos" desta arte na cidade.