Larpeirando palabras. ¡Mola!

Unha boa mostra do traballo,  e dos bos resultados do dito traballo  entre o noso alumnado,  son os blogs das linguas (Larpeirando Palabras, El Oso de las Cañerías, Pupitre Rojo).
Hoxe traemos ao poleiro da nosa web ao que leva por nome "Larpeirando Palabras.Blog de aula de Lingua e Literatura Galegas".
Ollade, disfrutade....
Tomando como modelo o  poema de Yolanda Castaño,  Abecedario baleiro (Elevar as pálpebras 1995),  na clase de 2ºD crearon de xeito colectivo o seu propio abecedario, xogando coas estruturas paralelísticas, a aliteración e botando man da súa capacidade creativa
Amigos de ánguidos anódinos.
Botica de bota branca.
Camas cubertas de croios cóncavos.
Chacota de chanfainas chifladas.
Dor de disparos distantes.
Enigma de eclipses empedernidas.
Felicidade fuxidía de festas familiares.
Galante guerreiro de gran garantía.
Hucheira de herdanzas hipócritas.
Inverno de irrealidades inmensas.
Luz lixeira de longa liberdade.
Mosca en molesto movemento.
Néctar de nébeda narcótica.
Orfo doutras olladas.
Paseantes pálidos pousados nos peitorís.
Quintais de querer en quimeras queimadas.
Revolta de revividas rexencias.
Sarabullo de seituras sucias.
Tempo tosco de triste tormenta tépeda.
Uzal de uncións universais.
Vidas de vagas vitorias.
Xestas xeadas de xubilosas xenreiras.
Zunido de zamelos zarrapicados .

 

Alumnos e alumnas de 2ºD
¿ A QUE MOLA ? (Moledo dixit)