INFORMACIÓN XERAL

POR QUE CURSAR ESTE CICLO FORMATIVO?

Segundo a rede profesional Linkedin, entre os perfís profesionais máis demandados en España para o 2021 están:

  • Profesionais de venda minorista.
  • Profesionais de marketing dixital.
  • Expertos en atención ó cliente.
  • Expertos en comercio eléctrónico.

 

O obxectivo dos ciclos formativos é obter as aptitudes necesarias para enfrontarse ás situacións laborais actuais e futuras, e asumir autoridades de coordinación e programación nunha profesión, así como do traballo das persoas e facer as oportunas verificacións e valoracións.

Os ciclos formativos de grao superior están dirixidos a alumnado que busca estudios superiores prácticos, que os cualifiquen para incorporarse ó mundo laboral.

Esta formación leva a unha titulación de nivel superior, vixente e con futuro, que te preparará para tarefas de mandos intermedios. Obterás a cualificación necesaria para realizar traballos técnicos propios da profesión, pero tamén para asumir responsabilidades de planificación, organización e control.

A diario as empresas realizan xestións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos e organizan a implantación e animación de espazos comerciais, esta é a formación que che ofrece o título de Técnico Superior en Xestión de Vendas  e Espazos comerciais.

 

QUE VAS APRENDER?

  • Aplicar técnicas de marketing convencional e dixital.
  • Deseñar o interior e o exterior do comercio.
  • Comunicarte e negociar con clientes e proveedores.
  • Organizar equipos de traballo e equipos de forma eficiente.
  • Estratexias para incrementar beneficios e reducir custos.
  •  … e moitas máis competencias.

 

FICHA TÉCNICA

Grao: CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

Titulación: TÉCNICO OU TÉCNICA SUPERIOR EN XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS

Entorno: ECONÓMICO E EMPRESARIAL

Familia profesional: COMERCIO E MARKETING

Sistema: LOE

Duración: 2000 horas (2 cursos académicos)

Distribución: 1614 horas lectivas + 384 horas prácticas FCT.

Horario:

  Mañá: 8:40 a 14:15

  Tarde (luns e martes): 4:00 a 18:30

Máis información: Acceso ó currículo 

 

PLAN DE ESTUDIOS?

 

1º CURSO

2º CURSO

Módulo

Horas

Módulo

Horas

Formación e orientación laboral

107

Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies

105

Inglés

160

Formación en centros de traballo

384

Investigación comercial

132

Loxística de almacenamento

123

Márketing dixital

187

Loxística de aprovisionamento

105

Políticas de márketing

187

Organización de equipos de vendas

87

Xestión económica e financeira da empresa

187

Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais

26

 

 

Técnicas de venda e negociación

105

 

 

Xestión de produtos e promocións no punto de venda

105

 

QUE É O PROXECTO DE XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS?

Os ciclos formativos de grao superior incorporan un módulo profesional de proxecto de acordo coas características da actividade laboral do ámbito do ciclo formativo e con aspectos relativos ó exercicio profesional e á xestión empresarial.

Este módulo ten por obxecto a integración das diversas capacidades e coñecementos de todos os módulos do ciclo, o que se concreta en proxectos que contemplen as variables tecnolóxicas e organizativas relacionadas co título.

 Este módulo organízase sobre a base da titoría individual e colectiva, e desenvólvese durante o último período do ciclo formativo e avalíase unha vez cursada a  formación en centros de traballo. 

 

CANDO REMATES OS ESTUDOS, EN QUE PODES TRABALLAR?

  • Xefe/a de vendas.

  • Representante comercial.

  • Axente comercial.

  • Encargado/a de tenda.

  • Encargado/a de sección dun comercio.

  • Vendedor/a técnico/a.

  • Coordinador/a de comerciais.

  • Supervisor/a de telemarketing.

  • Merchandiser.

  • Escaparatista comercial.

  • Deseñador/a de espazos comerciais.

  • Responsable de promocións no punto de venda.

  • Especialista en implantación de espazos comerciais.

 

EN QUE TIPOS DE EMPRESAS PODES TRABALLAR?

  • Empresas de distribución comercial maiorista e/ou minorista, no departamento de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciales, comercial ou de marketing.

  • Entidades financeiras e de seguros, no departamento de vendas, comercial ou de marketing.

  • Empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, e empresas de asesoramento comercial e xurídico, entre outras.

  • Empresas de loxística e transporte.

  • Asociacións, institucións, organismos e organizacións non gubernamentais (ONG).

 

 E, QUE PODES ESTUDIAR DESPOIS?

  • Calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Ademáis, para no caso do CS de Marketing e Publicidade da acceso directo ó segundo curso.

  • Calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario ten limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo. As persoas que se gradúan nun ciclo formativo de grao superior poden obter a validación de créditos universitarios ECTS.

 

CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER?

  • Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.

  • Título universitario.

  • Título de técnico superior ou de técnico especialista.

  • COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.

  • BUP.

  • Título de técnico.

  • Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

  • Tamén poderán acceder as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.